Teatro das Cortes
O Teatro das Cortes, na aldea de Cabanas (O Vicedo) acolleu a presentación do programa Da Barraca á Aula: A memoria das festas. Isa Coldeira e Anxo García, da Asociación Cultural Morreu o Demo e mais Lucho Penabade, do Teatro das Cortes, daban a coñecer o programa e mais a proposta deste espazo cultural mariñao para os vindeiros meses.
Entre as primeiras propostas do programa atópase a xornada Onde foi Barriga Verde? que se celebrará no propio Teatro das Cortes este sábado, día 25 de abril, e que inclúe a exposición titulada A arte dos Silvent, un obradoiro de creación de monicreques para persoas adultas, unha representación de Barriga Verde a cargo de Viravolta Títeres e máis un retrinco da Brigada Teatral das Cortes sobre o 25 abril portugués. Todas as actividades serán de balde. Para se inscribir no...
leer másO Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), organiza a Tarde do Porco de Pedra este sábado, 29 de novembro, que será o último día da programación desde ano 2025.
As actividades comezarán ás 18:00 horas con Ofrendas teatreiras e diálogos co Porco de Pedra dos Andrade. Ás 19:00 horas actuarán os artistas convidados: X.H. Rivadulla Corcón, con O porco Vladimir e outras historias e Anxo Moure, con Pés de lobo. E ás 20:30 horas haberá un concerto de Erikas e Peluxías, con Ugía Pedreira
A entrada é de balde.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada dedicada a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para este sábado, día 20 de setembro, a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
Ás 18:00 horas terá lugar a presentación e visita á exposición Sempre en Galiza 1944-2024, a cargo dos Quinquilláns. Despois haberá unha proxección audiovisual sobre Castelao. Para as 19:00 horas está programada unha representación de Cousas, de Castelao, a cargo de Os Quinquilláns Teatro. E ás 20:30 horas rematará a xornada cun concerto do grupo Barahúnda.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza unha tarde dedicada á película Crebinsky o 28 de agosto, xoves, a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
A actividade comezarán coa presentación por parte da ilustradora e escritora Ana Moreiras da publicación A pausa. Ás 19:00 horas haberá un coloquio sobre a película Crebinsky, co director Quique Otero e o actor Miguel de Lira; a continuación proxectarase o filme. E ás 21:30 horas o acordeonista Vadím Yukhnevich ofrecerá un concerto.
O Teatro das Cortes, que está na parroquia vicedense de Cabanas, acollerá o día 24 de maio o Sábado das Letras Cantareiras.
As actividades, con entrada de balde, comezarán ás 18:00 horas cun recital aberto e actuación do grupo As Faíscas, da asociación Os do 21, do Vicedo. E ás 20:00 horas haberá unha actuación da compañía Talía Teatro, que ofrecerá o espectáculo Bicos con lingua.
Da organización desta xornada encárgase a asociación cultural Volta e Dalle.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada en lembranza ao artista Xosé Vizoso, recentemente falecido. Será o día 19 de abril, sábado.
As actividades comezarán ás 18:00 horas coa proxección da curtametraxe documental titulada Lembrando a Vizoso, de Arraianos producións e tamén haberá un coloquio titulado Xosé Vizoso e Sargadelos, co director do documental, Aser Álvarez
Ademais ás 19:30 horas o colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de teatro O traballo de Andrea. Ao remate haberá unha conversa co director e o elenco do espectáculo.
A entrada é de balde para esta xornada organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.
O actor Quico Cadaval actuará na Tarde de Contos e Outras Lerias que haberá no Teatro das Cortes, no Vicedo, este sábado, 23 de novembro. Con esta xornada, para a cal a entrada é de balde, rematará a programación deste ano.
As actividades empezarán ás 18:00 horas con “Ofrendas e diálogos co porco de pedra dos Andrade”. E ás 19:30 horas terá lugar a actuación de Quico Cadaval.
Esta xornada está organizada pola asociación cultural Volta e dálle e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Vicedo.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Tarde de Cinema Rural este sábado, día 2 de novembro.
As actividades comezarán ás 18:30 horas cun coloquio sobre cinema rural no que participarán Manolo González (coordinador do Laboratorio Chanfaina, de San Sadurniño), Marisa Otero e Abelardo Rendo, da asociación cultural Sen un Peso, de Vedra). E ás 19:30 horas haberá unha proxección de curtametraxes feitas no rural por xente destes colectivos.
A entrada é de balde para este evento que organiza a asociación cultural Vota e Dálle.
O Teatro das Cortes, que está no lugar do Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), programa música e teatro para este sábado, 28 de setembro.
As actividades comezarán ás 18:00 horas cun concerto titulado "Para nunca esquecer" a cargo do cantautor Xosé Constenla. Ás 19:30 horas haberá unha lectura dramatizada de textos de Clara Gayo e Carlos Santiago e para as 20:30 horas está programado un concerto de Cé Orquestra Pantasma.
Estas actividades, con entrada de balde, están organizadas pola asociación cultural Volta e Dálle.
O Teatro das Cortes, que está no lugar do Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo), acolle este sábado, día 10 de agosto, a “Ultratarde Chévere”.
As actividades empezarán ás 18:30 horas cun encontro aberto co público por parte das actrices e actores da compañía teatral Chévere. Ás 19:30 horas proxectarase o documental “A viaxe dos Chévere” e ás 21:00 horas representarán a obra titulada “As fillas bravas de Momán”.
Esta xornada está organizada pola Asociación Cultural Vota e Dálle e a entrada é de balde.












