Pista de xeo

Etiquetas:
01/12/2017

A pista de xeo de tamaño XL volverá a Ribadeo un ano máis, e estará instalada no parque de San Francisco do 15 de decembro ao 7 de xaneiro. O prezo da entrada xeral será de 6 euros, aínda que aquelas persoas que consuman máis de 20 euros na hostalería e no comercio locais só pagarán 3 euros presentando os tíckets correspondentes. A novidade deste ano é que para os grupos escolares da comarca, de máis de 10 persoas, establécese un prezo por entrada de 4 euros. Esta mañá tiña lugar a presentación desta actividade organizada polo Concello de Ribadeo e Acisa. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez. 

O rexedor manifestou que “hai que aproveitar o frío e o Nadal para que Ribadeo se encha de xente, nova e non tan...

leer más
Etiquetas:
12/12/2016
Ribadeo contará este Nadal, por segundo ano consecutivo, con pista de xeo natural. Será do 17 de decembro ao 8 de xaneiro. E estará situada no parque de San Francisco.
 
O Concello e Acisa traen por segundo ano consecutivo a Ribadeo unha pista de xeo natural, que estará situada no parque de San Francisco do 17 de decembro ao 8 de xaneiro, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 22:00 horas. As persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a Acisa terán un desconto dun 50% no prezo da entrada, que é de 6 euros. O alcalde, Fernando Suárez, salientou na presentación celebrada esta mañá, que este Nadal a pista é de maior tamaño que a do ano pasado e que é a única destas características da que se poderá gozar na provincia de Lugo. O presidente de Acisa, David Martínez, contou que a partir de mañá, martes, xa se poden obter os tíckets de desconto por compras superiores a 20 euros nos establecementos asociados. 
 
O alcalde declarou que “vendo o notable éxito que tivo...
leer más
Etiquetas:
11/11/2016
Ribadeo contará de novo este Nadal con pista de xeo natural. Estará no parque de San Francisco entre o 19 de decembro e o 7 de xaneiro e será máis grande que a do ano pasado.
 
Ribadeo contará de novo este Nadal cunha pista de xeo natural. Será máis grande que a do ano pasado e funcionará do 19 de decembro ao 7 de xaneiro. O Concello sacou a concurso a súa contratación, ao igual que a do alumeado navideño. O alcalde, Fernando Suárez, subliña o apio significativo e decidido ao comercio local con iniciativas coma esta, que o ano pasado foi un éxito. O Concello conta coa colaboración de Acisa. 
 
O rexedor manifestou que “dentro da planificación de todo o que estamos preparando para este Nadal 2016, para todo o que ten que ver co comercio local, como todos os anos tentamos proxectar cara o exterior unha imaxe moi positiva de Ribadeo, para que a xente siga vindo aquí a mercar, que é do que se trata, para que os nosos comerciantes poidan vender o máis que poidan”....
leer más
13/11/2015
Ribadeo acollerá entre o 18 de decembro e o 10 de xaneiro unha pista de xeo natural para dinamizar as compras na vila. Organizan: Concello e Acisa.
 
O parque de San Francisco de Ribadeo terá durante 23 días, entre o 18 de decembro e o 10 de xaneiro, unha pista de xeo natural, unha aposta do Concello e da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo para dinamizar o comercio ribadense no Nadal. Calquera persoa que se achegue a Ribadeo poderá patinar durante 45 minutos a un prezo de 6 euros, que se quedarán en 3 euros se previamente fixeron compras no comercio asociado da vila por un importe mínimo de 20 euros. Na mesma pista prestaránselles os patíns aos usuarios. A iniciativa foi presentada esta mañá polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pola concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte. 
 O rexedor dixo na...
leer más