Ribadeo contará de novo este Nadal con pista de xeo natural. Estará no parque de San Francisco entre o 19 de decembro e o 7 de xaneiro e será máis grande que a do ano pasado.

Ribadeo contará de novo este Nadal con pista de xeo natural. Estará no parque de San Francisco entre o 19 de decembro e o 7 de xaneiro e será máis grande que a do ano pasado.
 
Ribadeo contará de novo este Nadal cunha pista de xeo natural. Será máis grande que a do ano pasado e funcionará do 19 de decembro ao 7 de xaneiro. O Concello sacou a concurso a súa contratación, ao igual que a do alumeado navideño. O alcalde, Fernando Suárez, subliña o apio significativo e decidido ao comercio local con iniciativas coma esta, que o ano pasado foi un éxito. O Concello conta coa colaboración de Acisa. 
 
O rexedor manifestou que “dentro da planificación de todo o que estamos preparando para este Nadal 2016, para todo o que ten que ver co comercio local, como todos os anos tentamos proxectar cara o exterior unha imaxe moi positiva de Ribadeo, para que a xente siga vindo aquí a mercar, que é do que se trata, para que os nosos comerciantes poidan vender o máis que poidan”.
 
Fernando Suárez contou que “hai dúas cousas importantes, unha delas desde hai moitos anos que é o alumeado do Nadal. Este ano estámolo facendo de maneira aberta, polo procedemento aberto. Está publicado no boletín oficial da provincia desde hai uns días que todas aquelas empresas capacitadas poden presentar as súas ofertas económicas para levar o alumeado do Nadal deste ano, cun prezo de saída de 12.000 euros ao ano máis a posibilidade de prorrogar para outro ano máis. Os criterios son técnicos sobre melloras que poidan facer nos esquemas que temos inicialmente previstos, pero tamén primará moito a redución de prezo loxicamente”.
 
O alcalde ribadense explicou que “hai outro aspecto moi importante que o ano pasado foi unha experiencia moi boa para o comercio local, que foi a pista de xeo que puxemos en marcha o Concello en colaboración tamén coa Asociación de Comerciantes de Ribadeo”. 
 
O rexedor considera que “foi unha iniciativa que nos puxo parellos a outras cidades de moitos máis habitantes e realmente foi unha experiencia moi positiva non soamente polo lecer, polos máis novos que puideron pasalo moi ben durante todos eses días, senón polo esquema que tivemos de que a xente que viña mercaba en Ribadeo e se mercaba no comercio local tiña unha bonificación para entrar nesta pista de xeo. Unha cuestión complicada desde o punto de vista administrativo, pero que resultou moi satisfactoria. E aínda que no global para o Concello tivo un custe pois non se recuperou todo o que custou, pero esa perda non foi tal senón que foi unha marabilla, xa que moita xente veu a Ribadeo mercar porque a igualdade de condicións con outros concellos os seus nenos podían ir a unha pista de xeo natural con todas as garantías e con todas as condicións como se fora unha cidade”.
 
Fernando Suárez declarou que “este ano tamén queremos facer isto mesmo, queremos mellorar, é a nosa idea facer unha pista un pouco máis grande, facer unha pista XL. Estamos en período de licitación pública en aberto para que todas estas empresas especializadas neste ámbito poidan presentar as súas ofertas. Para iso o prezo de licitación é de 32.000 euros para este ano, coa posibilidade de que se a empresa funciona ben se lle poida prorrogar para outro ano máis. Todas aquelas empresas interesadas poden consultar as condicións nas páxinas web e nos boletíns oficiais da provincia, e presentar as ofertas en prazo”.
 
O alcalde de Ribadeo manifesta que “isto é un apoio significativo e decidido ao comercio local, máis aló do que alguén da oposición se dedica a dicir por aí ultimamente de se o Concello apoia ou non ao comercio local. O Concello débese a todo o mundo e especialmente tamén ao comercio local, que é o sector do máis importante que ten Ribadeo e con todo isto que facemos, e non no Nadal simplemente senón ao longo de todo o ano, estamos facendo un Ribadeo máis atractivo, máis grande e mellor”.