Nadal

Etiquetas:
13/12/2023

A Asociación de Comerciantes,Industrias e Autónomos de Burela organiza diversas actividades para dinamizar as vendas arredor da campaña “Xuntos facemos Nadal”.

Unha das iniciativas para estas semanas de compras é o “Concurso de Decoración de Nadal”, os locais asociados que desexen participar deberán
decorar os seus espazos con ambientación de Nadal e sacarlle unha fotografía para subir ás redes sociais da Asociación. O concurso ten dúas modalidades, unha para o sector comercio/servizo local e outra para os establecementos de hostalería da vila que poderán optar a catro premios un outorgado a través dos votos en redes sociais e outro por valoración do xurado, de 150 euros cada un. O xurado estará formado por representantes de asociacións locais.

Outra das actividades do “Xuntos facemos Nadal” será o reparto...

leer más
Etiquetas:
13/12/2023

A Banda de Música O Landro de Viveiro ofrecerá un concerto de Nadal o sábado 23 de decembro ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.

Esta actuación leva por título “Polo Nadal, solistas!” e a entrada é de balde.

Está organizado pola Banda de Música O Landro de Viveiro coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Viveiro.

Etiquetas:
13/12/2023

AciaFozCCA sorteará 15 desexos na súa campaña de Nadal, que foi presentada polo presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo. No acto participaron tamén o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro. 

Todas as persoas que realicen as súas compras en calquera dos preto de 80 negocios locais que participan na campaña de Nadal entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro terán a posibilidade de entrar no sorteo de 15 premios de 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase en Radio Foz o 8 de xaneiro. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “á veciñanza de Foz a facer as súas compras de Nadal no comercio da nosa vila, onde atoparán un trato próximo e unha cara amable que os atenderá e os asesorará da mellor maneira posible. É tempo de facer os soños e os desexos...

leer más
12/12/2023

A Asociación Musical A Chocolateira (Eco das Minas) organiza actividades de Nadal na Pontenova os días 16, 22 e 29 de decembro.

O sábado 16 na Casa do Salmón terá lugar un obradoiro de acuarela para maiores de 12 anos. Será impartido por Rocío Fernández Paz de 16:30 a 18:30 horas. 

O día 22 haberá Cantos de Nadal a cargo da agrupación tradicional A Chocolateira polas rúas da Pontenova desde as 20:00 horas.

E o 29 de decembro a Apalpadora visitará a Casa da Cultura ás 12:00 horas.

Os organizadores anuncian: “acércase o Nadal e temos preparadas cousiñas bonitas para celebrar estas datas cheas de arte, ledicia e música.  Obradoiros, panxoliñas, visitas sorpresa... Gardade datas, que o noso tren ven cargadiño de diversión. Rocío Fernández Paz será quen nos inicie no...

leer más
Etiquetas:
11/12/2023

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o sábado, 16 de decembro, ás 11:30 e 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal, dentro dos actos do 30 aniversario do centro. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno do centro o que participe. Xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.

No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, explica Hugo García, responsable da EMMeD. 

Pero, sen dúbida, o...

leer más
Etiquetas:
10/12/2023

O vindeiro 23 de decembro pola mañá o Club de Atlestismo Ría de Foz organiza xunto con Run Foz Run, a última proba do circuito DUACODE-RunFozRun, a oitava edición da Run Foz Run Nadal.

Ademais, ese mesmo día tamén se entregarán os premios dos gañadores e gañadoras do circuíto, así coma o agasallo aos que conseguiron rematar 6 das 8 carreiras.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na carreira a través da paxina web...

leer más
Etiquetas:
07/12/2023

O Concello de Trabada organiza un campamento de Nadal dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean empadroados en Trabada ou que teñan familiares empadroados aquí coa finalidade de promover a conciliación da vida laboral e familiar das familias.

Desde o Concello explican que “imos contar cunha programación ampla e variada, dende obradoiros de manualidades e de cociña, actividades interxeracionais cos maiores, proxección de películas ou contacontos así que non dudedes en anotarvos. Tedes prazo ata o 20 deste mes”. 

Etiquetas:
05/12/2023

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos. 

Este ano seguen apostando por reforzar a decoración da rúa, e repartiron mais de 120 árbores de luces leds que estarán colocados nas entradas dos comercios “e decoramos os escaparates de tódolos negocios asociados cun lazo de vinilo vermello semellando o envoltorio dun agasallo. A idea é transmitir que o mellor agasallo deste Nadal é mercar no comercio local, o comercio de proximidade”, explican desde o CCH. 

A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano. 
Desde a asociación indican que “se instalou a árbore de luces xigante nos Xardíns Noriega Varela (zona...

leer más
Etiquetas:
04/12/2023

O atrio de San Pedro, en Alfoz, acolle un Mercado de Nadal este venres, 8 de decembro, de 10:00 a 20:00 horas. Está organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e pola Asociación Veciñal de Mor.

Haberá postos de comida, artesanía, adornos de Nadal, bebidas, accesorios, etcétera. De 12:00 a 17:00 horas desenvolverase un obradoiro gratuíto para xs máis pequenxs sobre creación de adornos de Nadal. E ás 19:00 horas acenderanse as luces de Nadal, con actuación musical.

“Se aínda non tés os adornos de Nadal ou che falta algún agasallo que mercar, xa sabes a onde vir. Haberá carpa climatizada, chocolate, viño quente, ... para pasar o día na mellor compañía. Esperámosvos!”, din os organizadores.

 

Etiquetas:
04/12/2023

O programa de conciliación familiar, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, dará comezo o 22 de decembro e finalizará o venres 5 de xaneiro (ambos incluídos. Será de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro  non haberá actividade ao seren festivos nacionais. 

O obxectivo deste programa do Concello de Cervo é que as nais e os país poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas. 

O prazo de inscrición remata o 15 de decembro.