Nadal
En Foz celebrarase un Festival de Nadal con concerto de panxoliñas o día 14 de decembro, sábado, ás 20:00 horas na igrexa parroquial da vila focega.
Este evento musical está organizado pola Coral Polifónica de Foz, que actuará xunto ao grupo local Mar Aberto.
O domingo 8 de decembro daranse cita na Praza do Concello de Barreiros unha trintena de postos acompañados de diversas actividades relacionadas co Nadal, nos que a veciñanza e visitantes poderán gozar dunha xornada festiva de 11 a 20 horas.
O evento contará con carpa e realizaranse diversas degustacións ao longo do día.
Estará organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros contando co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Concello de Burela anuncia que o Mercado de Nadal 2024 contará cun total de 35 postos. Terá lugar este sábado, día 30 de novembro na carpa instalada na Praza da Mariña, e estará aberto cun horario de 10:30 a 21:00 horas.
O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”.
O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e “componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”. Estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 7 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 13 de decembro e as prazas son limitadas.
A Biblioteca Municipal de Xove convoca o concurso de postais de Nadal 2024-25.
Hai 5 categorías con tres premios para cada unha: de 4º a 6º de Educación Infantil; 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de Primaria; e de 1° a 4º de ESO.
Poderá participar nenos e nenas e rapaces e rapazas do concello de Xove, que deberán presentar postais de Nadal tamaño cuartilla (metade dun folio) na Biblioteca Municipal de Xove ata o día 13 de decembro incluído.
As bases deste concurso están depositadas na Biblioteca Municipal e publicadas na páxina web do Concello: http://www.xove.es.
O Concello de Cervo anima a asistir ao II Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o sábado 21 de decembro nunha carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da asociación que se encarga do evento que contará coas actuacións o Grupo Beatriz, a orquestra Waykas e con DJ Pablo Conxuro, como peche de festa.
A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas. Parte da recadación pola venta de entradas irá destinada á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple.
Haberá tamén servizo de autobuses para desprazarse ata o Festival e diferentes sorteos e sorpresas durante o evento; entre elas o sorteo dunha escapada...
leer másO Concello de Cervo vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
As obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio. Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono. Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.
O prazo de recepción remata o 5 de decembro. E o fallo do xurado farase público o 9 de decembro. Entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.
O Concello de Trabada, coa colaboración do Motoclube A Cadeira e a asociación cultural O Picato, organiza o sábado 21 de decembro un Mercadiño de Nadal con actuacións musicais e actividades para os nenos e nenas. “Queremos que o deste ano sexa un mercadiño especial, un lugar de encontro da veciñanza e os que nos visitan para dar comezo ao Nadal”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García, que presentou o cartel coa tenente de alcalde, Julia María Barcia, e representantes do Motoclube A Cadeira e a asociación O Picato.
O mercado, que será de 12:00 a 20:00 horas na praza do Concello, terá produtos locais e artesanais de proximidade, a actuación da Coral Entre Ríos, Papanoelada moteira con chocolate e biscoito gratis e a visita de Papá Noel e o Apalpador. Ademais os nenos e nenas terán inchables gratis durante toda a xornada e pintacaras. O...
leer másConcello de Ribadeo e Acisa presentan a campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo co obxectivo de fomentar a ambientación e a decoración navideña nos fogares e nos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.
A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, indicou que “o que queremos é encher de luz e de ledicia cada recuncho de Ribadeo no Nadal. Por iso animamos a todas as veciñas e veciñas a adornar os seus balcóns, os seus portais, as súas casas… para que a nosa vila estea o máis guapa posible nesas entrañables datas”.
A edil ribadense sinalou que “o que pretendemos é que toda esa ambientación particular se una á que instala o Concello e que Ribadeo sexa unha vez máis un punto de atracción turística durante o Nadal para que a xente veña ver a nosa iluminación, veña facer as súas compras, veña pasear, facer...
leer másO Concello de Burela organiza unha nova edición do seu mercado de Nadal. Este evento, que se celebra cada ano na localidade, terá lugar esta vez nunha xornada única o día 30 de novembro, sábado, en horario continuo de 10:30 a 21:00 horas.
Todas aquelas persoas e entidades interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de novembro, ben de maneira presencial no punto de información da Casa do Concello ou enviando un correo electrónico a cultura@burela.org.
O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo de fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns, senón que tamén...
leer más












