Nadal

25/12/2021

O Concello de A Pontenova organiza un campamento de Nadal para nenas e nenos de 3 a 14 anos do 27 ao 31 de decembro en horario de 10 da mañá a dúas da tarde. O prezo para os empadroados é de 30 euros e para os non empadroados de 50 euros.

Ademais haberá outras actividades para todos os públicos como o teatro que tivo lugar o pasado 19 de decembro; a cabalgata de reis prevista para o 5 de xaneiro ás 17:30 horas e o Playback que se celebrará o día 8 ás 20:00 horas.

Etiquetas:
24/12/2021

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, mantiveron unha reunión coa cronista oficial, Herminia Pernas, e con Paco Salgueiro, autor do vídeo documental Lembranzas do Nadal de Burela, que se vai proxectar no auditorio municipal o día 3 de xaneiro ás 20 horas.

O edil burelés explicou que “é un traballo audiovisual que recompila información desde os anos 40 de cómo era o Nadal en Burela, con imaxes e con declaracións de veciños”.

 

Etiquetas:
23/12/2021

A Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela acolle unha exposición de postais de Nadal ata o 21 de xaneiro.

A mostra pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

É unha iniciativa da Biblioteca Pública Municipal e da Delegación de Cultura do Concello de Burela.

 

Etiquetas:
22/12/2021

O Concello de Barreiros organiza o programa de Nadal que comeza este xoves, 23 de decembro, coa visita de Papá Noel que terá lugar na praza do Concello ás 19:00 horas.

O domingo, día 26, o grupo Lila Teatro presentará O cachopo máxico. A función, dirixida ao público familiar, será no centro social ás 19:00 horas.

O xoves 30 haberá a actuación musical Guateque Roll na praza do Concello, ás 19:00 horas.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.

Etiquetas:
21/12/2021

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, o vindeiro martes, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. A entrada é de balde ata completar o aforo, pero para asistir é obrigatorio presentar o certificado de vacinación contra o coronavirus.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “chegadas as datas do Nadal temos, como non podía ser menos, o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo Aquí como en Viena, que celebraremos o martes 28 de decembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval. Vai ser un concerto con dúas partes: a primeira un pouco máis lúdica e amena, con obras que seguramente coñeza bastante o público asistente; e unha segunda parte dedicada a Viena, con polcas e valses típicos, que se soen interpretar...

leer más
Etiquetas:
20/12/2021

O Concello de Cervo programa un concerto de Nadal que se celebrará este martes, 21 de decembro.

Este concerto correrá a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20:30 horas.

A actuación inclúese no ciclo A Caixa de Música, organizado pola delegación de Cultura do Concello de Cervo, que se iniciaba o pasado mes de outubro e que ofrece diversos concertos de música clásica e de bandas en diferentes puntos do municipio.

 

Etiquetas:
20/12/2021

O programa súmase aos concertos e obradoiros xa anunciados, así como ao Belén “Viveiro ante o Berce”

O Concello de Viveiro presenta a súa programación para estas festas de Nadal, ofrecendo opcións para todas as idades. Este programa súmase aos primeiros espectáculos xa anunciados para esta fin de semana, así como aos obradoiros propostos para a infancia. 

“Este ano decantámonos por un programa de pequeno formato, que nos permita manter a atención á evolución sanitaria pero sen perder a maxia e a ilusión que caracterizan estas datas”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura. 

A programación de Nadal comezará o próximo martes 21 de decembro, co concerto de Petit Band do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, e estenderase ata o próximo 8 de xaneiro. 

... leer más
Etiquetas:
19/12/2021

O Concello de Cervo programa para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada na tarde de onte polo alcalde Afonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, a concelleira de Cultura, Dolores García, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas - Fervenza de Sargadelos, Airiños do Xunco, Escola de Artes Marciais de Cervo, grupo de teatro Bordelo e a asociación de veciños de San Román-.

A programación xa deu comezo onte, sábado con diversas actividades como o mercado de Nadal, deportes e música. 

Para o martes 21 de decembro, recibiremos pola mañá a visita anticipada de Papá Noel que se achegará aos colexios da man...

leer más
Etiquetas:
17/12/2021
O Concello de Foz presentou hoxe, venres, a programación cultural de Nadal, “pensada para que desfruten os máis cativos e para que os maiores volvan a ser nenos”, comenta o alcalde focense, Fran Cajoto.
 
A concelleira Inés López Couto explica que “dende a Delegación de Cultura traballouse para cubrir un amplo abano de posibilidades para que todo o Nadal de Foz guste a todas e todos” e quere “que os máis pequenos desfruten e sexan felices despois dun período complicado no que se están a portar moi ben. En coordinación con Papá Noel e os Reis Magos traemos unha programación á súa medida.”
 
A edil de Cultura especifica que “a programación inclúe teatro infantil e para adultos, concertos de panxoliñas e actividades para os máis pequenos. Os días...
leer más
Etiquetas:
16/12/2021

A Sala de Exposicións do Complexo Histórico e Artístico de Sargadelos acolle este sábado 18 de decembro a segunda edición do Mercado de Nadal.

No mediodía de hoxe a concelleira de cultura, Dolores García, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a xerente de Marmeladas A Morena, un dos locais organizadores xunto con Serea Surfboards e Pasiños na Lúa, presentaron o programa de actividades para este sábado.

O mercado, organizado polos tres negocios artesáns afincados no conxunto histórico, conta coa colaboración do Concello de Cervo, o Bar Figueirido, o Ultramarinos A Campanilla, O Caseto de Copa e a Pousada O Almacén.

A xornada contará con diferentes actuacións culturais que comezan, ás 11:30H, coa percusión  africana de Mapato. Ás 12:15H será a quenda para a contacontos Olga Abad e ás...

leer más