O coro Vox Stellae ofrecerá o concerto “Celebrando o Nadal” este domingo, 7 de xaneiro, en San Ciprián

Este domingo, 7 de xaneiro, o Concello de Cervo despide o Nadal “pechando un programa cheo de actividades para todos os públicos”.

As voces do coro Vox Stellae ofrecerán un concerto baixo o título"Celebrando o Nadal". Será ás sete da tarde no auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián.