No pavillón municipal de Alfoz haberá unha festa infantil-xuvenil os días 29 e 30 de decembro pola tarde

A Área de Cultura do Concello de Alfoz, organiza para despedir o ano e desfrutar das vacacións de Nadal, unha festa infantil-xuvenil os días 29 e 30 de decembro no Pavillón Municipal. 

“De 17:30h a 20:30 horas teremos inchables, xogos, o 29 Touro Mecánico e o 30 Láser Tac para todos, de xeito totalmente gratuíto e sen inscrición previa”, explican desde Cultura.