Pesca Saúde
As actividades do proxecto Pesca Saúde, a través do que os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) promoven o consumo de produto pesqueiro como hábito de vida saudable, volverán no outono, cando se celebrarán obradoiros prácticos de batchcooking impartidos por profesionais da cociña. O batchcooking é unha técnica pensada para aproveitar o tempo de cociñado e reducir o desperdicio alimentario. Nestes obradoiros, ensinarase ás persoas a planificar os seus menús semanais incorporando produto pesqueiro nas súas elaboracións de xeito sinxelo. As persoas interesadas en participar deben permanecer atentas ás redes sociais dos GALP, onde se anunciarán as diferentes convocatorias, para as que será precisa a inscrición previa, anuncia do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal.
O GALP A Mariña-Ortegal...
leer másBaixo o lema Alimentos do Mar, alimentos de Vida, o proxecto Pesca Saúde instalará puntos de información móbiles en Burela e Viveiro “para amosar o beneficios dos produtos do mar na saúde e coñecer as súas propiedades nutricionais, e ofrecer degustacións de produtos do mar elaborados por profesionais da restauración nunha foodbike. Nestes espazos repartiranse ademais guías de propiedades nutricionais e hábitos de alimentación saudables, e vales desconto para consumir nos establecementos adheridos á campaña”, anuncia o GALP A Mariña-Ortegal. Os eventos celebraranse no exterior dos centros de saúde, en horario de 11 a 13 horas o martes 14 en Burela e o mércores 15 en Viveiro. Estas actividades completaranse cunhas xornadas técnicas no mes de maio na Casa do Concello de Burela, nas que profesionais sanitarias expoñerán os beneficios do consumo de...
leer más




