Galp

Etiquetas:
29/05/2026

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña Ortegal organiza un encontro o día 4 de xuño, xoves, ás 17:30 horas en Viveiro para a avaliar o seu impacto no territorio.

“Despois de xestionar varias convocatorias do programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura, chega o momento de facer a avaliación intermedia da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña Ortegal. O principal obxectivo deste traballo é o de ver o impacto e resultados que tivo a aplicación da citada estratexia no territorio. Facendo eco do enfoque participativo deste programa, dende o GALP considérase que é moi importante contar opinión de todas as persoas e entidades que dalgún xeito contribuíron ao desenvolvemento desta zona costeira. Por este motivo, o GALP A Mariña...

leer más
05/02/2026

O GALP A Mariña-Ortegal organiza un curso sobre turismo mariñeiro que se desenvolverá do 23 ao 27 de febreiro.

Os promotores desta iniciativa explican que “os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia uníronse na promoción do proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca&Turismo, baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa de diversificación pesqueira que aposta polo emprendemento, a profesionalización e a creación de novas fontes de ingreso nas comunidades mariñeiras. No marco deste proxecto vaise impartir un Curso de Turismo Mariñeiro e Pesca Turismo, no que se ofrecerán ferramentas prácticas para desenvolver este tipo de actividades,  poñer en valor o noso patrimonio marítimo pesqueiro e contribuír ao fortalecemento do sector. O curso celebrarase na semana do 23 ao 27 de febreiro, en horario...

leer más
Etiquetas:
21/01/2026

O GALP A Mariña Ortegal organiza unhas xornadas formativas para presentar a convocatoria de axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2021-2027. En Burela terá lugar o 27 de xaneiro e en Viveiro será o 30 de xaneiro.

“Unha vez publicada xa a nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal, e co obxectivo de mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos, vanse a desenvolver tres xornadas informativas de carácter aberto. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha unhas xornadas informativas sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño,...

leer más
13/11/2024

O GALP A Mariña Ortegal explica que “aprender de experiencias que poñen en valor o patrimonio cultural ligado ao mar, á zona costeira e á tradición mariñeira é unha boa maneira de fomentar o crecemento económico do territorio a través de iniciativas que potencien a economía azul. A cultura é un importante elemento que pode dinamizar e servir de base para que o sector pesqueiro se involucre en proxectos que van máis alá do puramente produtivo e extractivo, vinculado aos recursos pesqueiros. O patrimonio cultural é un factor que contribúe ao desenvolvemento turístico é á xeración de riqueza nas zonas costeiras, motivo polo cal dende o GALP A Mariña Ortegal se está organizando unha xornada que abordará esta temática, co obxectivo de promover proxectos que incrementen o valor engadido para o sector pesqueiro e contribúan á diversificación das súas actividades,...

leer más
Etiquetas:
27/09/2024

O GALP A Mariña Ortegal, continúa coas xornadas de divulgación da estratexia do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, que iniciou na pasada edición de Produart en Burela. Nesta ocasión abordarase a conexión entre a gastronomía e o produto pesqueiro local, co obxectivo de reforzar o seu consumo, facendo fincapé no sector da hostalería e restauración.

Na sesión anterior das xornadas quedou de manifesto que A Mariña ten unha ampla traxectoria na trazabilidade e identificación de produto pesqueiro, da man de dous dos portos máis importantes de Galicia, o de Burela e o de Celeiro. Nesta edición quérese potenciar o consumo do produto pesqueiro e a vinculación coa hostalería, apostando por un consumo sostible e responsable, onde se prime a calidade e frescura do produto local, e a redución da pegada de carbono que implica  o consumo local. Trátase...

leer más