Litoral

Etiquetas:
25/11/2017

O Concello de Ribadeo continúa organizando actividades dentro do proxecto Entre Arcos e Cantís, subvencionado polo GALP A Mariña – Ortegal. En decembro terán lugar catro obradoiros divulgativos e un roteiro, que levan por título A custodia do litoral. 

Segundo explican desde a Concellaría de Turismo “este proxecto permite ir poñendo as bases para establecer unha estratexia de turismo sostible a través da planificación e posta en valor do noso medio natural, pero tamén do noso patrimonio cultural. Desta maneira, partindo da riqueza do patrimonio xeolóxico preténdese establecer un eixe condutor para por en marcha iniciativas de xeoconservación e de divulgación social e educativa, así como,fomentar as experiencias de xeoturismo e promover o desenvolvemento local”.

E contan que “desta volta trátase de catro obradoiros...

leer más
Etiquetas:
11/07/2016
O Concello de Burela pon en marcha dúas Xeorutas durante este verán, unha polo paseo marítimo da Marosa e outra polas inmediacións do porto.
 
Este mércores, 13 de xullo, arrincan en Burela as Xeorutas, un paseo pola historia xeolóxica de Galicia. Están organizadas polo Concello, a través das Delegacións Municipais de Turismo e Medio Ambiente, polo Grupo de Acción Local A Mariña-Ortegal, pola Consellería do Mar e polo Fondo Marítimo Europeo e de Pesca. 
 
A primeira ruta xeolóxica que se realizará será a que vai de Burela ata A Marosa. O día elixido é o 13 de xullo. A distancia é de 6 quilómetros (ida e volta) e a dificultade é baixa. O percorrido farase nun tempo estimado de 3 horas de 16:30 a 19:30 horas. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, explica que “esta xeoruta nos permitirá descubrir a orixe das rochas graníticas que atoparemos neste treito do noso...
leer más