Igrexas

Etiquetas:
02/07/2023

Para o vindeiro sábado, 8 de xullo, o colectivo Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta polas igrexas do municipio focego. A saída será ás 9 da mañá desde diante da Casa do Concello. 

O prezo desta actividade é de 5 euros para os socios non federados mentres que para os federados é gratis.

O prazo para anotarse remata o venres 7 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Os organizadores explican que é unha ruta “por una parte del patrimonio religioso de nuestro municipio: pasaremos por la capilla de San Blas, Basílica...

leer más
Etiquetas:
15/11/2021

Aberto o prazo de inscrición para realizar unha nova visita guiada do Concello de Alfoz. As persoas interesadas poden chamar ao 982 558 001 (ext.3) para anotarse ata o día 19 de novembro ás 14:00h. As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta.

Desde o Concello explican “o sábado, 20 de novembro, ás 16:00 horas partirase desde a Casa do Concello en autobús para realizar o percorrido que nos levará ata a Igrexa de Sta. María de Bacoi e á Capela do Santiago en Lagoa. Acompañados por Dolores Barral, catedrática de Historia da Arte da USC, coñeceremos os rasgos máis importantes de ambos templos”. 

E sinalan “no caso de Sta. María, construída na primeira metade do s. XVIII, sobresae polo seu retablo de estilo churrigueresco, considerado un dos mellores exemplos do barroco galego. A Capela do Santiago destaca polas...

leer más
Etiquetas:
05/07/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz comeza as súas rutas de verán o vindeiro sábado, 10 de xullo, cun percorrido pola Basílica de San Martiño e as igrexas de Vilaronte e de Foz.
A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello de Foz.

As persoas interesadas poden anotarse ata o venres nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo para os socios non federados é 3 euros e para os socios temporais 4€. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel de dificultade baixo. Seguirán manténdose os protocolos anticovid non compartindo o material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 m. de distancia de seguridade.

... leer más
Etiquetas:
28/08/2020

O alumnado do obradoiro de emprego Ribadeo alén do Camiño realizará unha campaña de promoción do itinerario xacobeo desde agora e ata o vindeiro 15 de outubro. A devandita campaña inclúe visitas guiadas ao Santuario das Virtudes, á igrexa de San Xoán de Ove e ás capelas de San Roque e da Atalaia. O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, visitou ás alumnas da especialidade formativa de Promoción Turística Local e Información ao Visitante, que se está a impartir nese obradoiro dual de emprego, promovido polo Concello de Ribadeo. 

Vizoso Galdo explicou que “o obradoiro de emprego, que reiniciou as súas actividades o pasado día 1 de xullo despois de estar suspendido dende o 16 de marzo por mor da situación excepcional creada pola evolución da epidemia de COVID-19, ten entre os seus...

leer más
Etiquetas:
09/11/2017

Co fin de conmemorar o Día Internacional do Patrimonio, Mariña Patrimonio está a organizar para o día 18 de novembro unha visita guiada, libre e gratuíta, polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo. O percorrido polas diferentes igrexas comezará ás 10.00 da mañá na Igrexa de Cervo e, dependendo das persoas que se inscriban, continuarase en coches particulares ou en autobús. Ás 14.00h farase unha pausa para xantar e retomarase a actividade ás 16.00 horas diante da capela de San Cibrao no Porto.

Quen o desexe poderá participar no xantar que terá lugar no restaurante O Pedregal de San Cibrao; a data límite para anotarse é o martes 14 (prezo 12€)

Este roteiro enmárcase no conxunto de actividades programadas por diversas asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.

As persoas...

leer más