Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas igrexas do concello o 10 de xullo.

A asociación Os Sendeiros de Foz comeza as súas rutas de verán o vindeiro sábado, 10 de xullo, cun percorrido pola Basílica de San Martiño e as igrexas de Vilaronte e de Foz.
A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello de Foz.

As persoas interesadas poden anotarse ata o venres nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo para os socios non federados é 3 euros e para os socios temporais 4€. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel de dificultade baixo. Seguirán manténdose os protocolos anticovid non compartindo o material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 m. de distancia de seguridade.

Os Sendeiros de Foz organizará as rutas de verán, como sempre, desde as 9:00 ata as 13:00 horas deixando libre a tarde para desfrutar da praia. Partirán do Concello e percorrerán zonas de Foz.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.