Mariña Patrimonio organiza un roteiro polo patrimonio eclesiástico de Cervo. Será o 18 de novembro.

Co fin de conmemorar o Día Internacional do Patrimonio, Mariña Patrimonio está a organizar para o día 18 de novembro unha visita guiada, libre e gratuíta, polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo. O percorrido polas diferentes igrexas comezará ás 10.00 da mañá na Igrexa de Cervo e, dependendo das persoas que se inscriban, continuarase en coches particulares ou en autobús. Ás 14.00h farase unha pausa para xantar e retomarase a actividade ás 16.00 horas diante da capela de San Cibrao no Porto.

Quen o desexe poderá participar no xantar que terá lugar no restaurante O Pedregal de San Cibrao; a data límite para anotarse é o martes 14 (prezo 12€)

Este roteiro enmárcase no conxunto de actividades programadas por diversas asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.

As persoas interesadas en participar poden anotarse cubrindo o formulario de inscrición que figura no blog de Mariña Patrimonio. http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/