Coro Eufonía
O coro Eufonía, formado na Escola Municipal de Música de Foz, actuará na igrexa parroquial focega este venres, día 28 de novembro, ás 20:00 horas. Ofrecerá un concerto titulado Lux et Veritas.
“O venres 28 teremos na igrexa parroquial un concerto moi especial do noso proxecto coral Eufonía”, anuncia a Escola Municipal de Música de Foz.
A programación cultural do Concello de Ribadeo inclúe dous concertos para este sábado, día 4 de outubro
A concelleira de Cultura ribadense, Begoña Sanjurjo, anunciou que “o sábado 4 está dedicado á música, con dúas actividades. Ás oito da tarde na igrexa do convento de Santa Clara o Coro da Escola de Música de Foz traeranos a escena un concerto con tres artes. Despois, ás dez da noite, No Limit poñerá a música dos Concertos no Camiño na rúa San Francisco”.




