Formativas

Etiquetas:
29/05/2019

As VIII Xornadas Formativas organizadas pola Fundación Imdecum, deron comezo hoxe co relatorio “O golf…xogo ou deporte?”, que correu a cargo do adestrador de golf en EEUU Eduardo Fernández Galán, que estivo arroupado polo presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do ciclo de TAFAD do centro, Alfonso Iglesias.

Este venres, 31 de maio, o adestrador de baloncesto do Durán Maquinaria Ensino de Lugo, Juan Nécega, falara sobre “Ensino Lugo: o reto de chegar á Liga Día. Estrutura do club e planificación no debut na categoría”. Terá lugar na Aula de TAFAD do IES Monte Castelo, a partires das 12:30 horas.

Estas xornadas rematarán o 7 de xuño coa intervención do adestrador de fútbol sala do Pescados Rubén FS, Juan Manuel Marrube, quen abordará o tema de “A práctica deportiva como formación persoal e...

leer más