En Burela celébranse ata o 7 de xuño as VIII Xornadas Formativas organizadas pola Fundación Imdecum. Golf, baloncesto e fútbol sala son os protagonistas.

As VIII Xornadas Formativas organizadas pola Fundación Imdecum, deron comezo hoxe co relatorio “O golf…xogo ou deporte?”, que correu a cargo do adestrador de golf en EEUU Eduardo Fernández Galán, que estivo arroupado polo presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do ciclo de TAFAD do centro, Alfonso Iglesias.

Este venres, 31 de maio, o adestrador de baloncesto do Durán Maquinaria Ensino de Lugo, Juan Nécega, falara sobre “Ensino Lugo: o reto de chegar á Liga Día. Estrutura do club e planificación no debut na categoría”. Terá lugar na Aula de TAFAD do IES Monte Castelo, a partires das 12:30 horas.

Estas xornadas rematarán o 7 de xuño coa intervención do adestrador de fútbol sala do Pescados Rubén FS, Juan Manuel Marrube, quen abordará o tema de “A práctica deportiva como formación persoal e profesional”. Será na Aula de TAFAD do IES Monte Castelo, ás 12:30 horas.

Colaboran na organización destas xornadas: Deputación de Lugo e IES Monte Castelo.