Os Sendeiros, de Foz, farán o 8 de xullo unha ruta polas igrexas do municipio focego.

Para o vindeiro sábado, 8 de xullo, o colectivo Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta polas igrexas do municipio focego. A saída será ás 9 da mañá desde diante da Casa do Concello. 

O prezo desta actividade é de 5 euros para os socios non federados mentres que para os federados é gratis.

O prazo para anotarse remata o venres 7 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Os organizadores explican que é unha ruta “por una parte del patrimonio religioso de nuestro municipio: pasaremos por la capilla de San Blas, Basílica de San Martiño, capilla do Carme, iglesia de Vilaronte e iglesia de Foz”.