Xove acolle a representación do conto musical infantil “Unha perla no mar” este mércores, 27 de marzo

O salón de actos do Centro Cívico de Xove acollerá a representación do conto musical infantil titulado “Unha perla no mar”. Será este mércores, 27 de marzo, ás 19:00 horas. É unha actividade organizada pola asociación Prestoxove e patrocinada polo Concello de Xove.

Na representación participará alumnado da 33ª edición do curso de Formación Orquestral de Semana Santa, da Escola Municipal de Música de Xove e membros de diversas asociacións do concello que colaboran nesta actividade.