Xantar

Etiquetas:
05/02/2019

O Concello burelés participarán na vixésima edición de Xantar, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de febreiro. Burela contará cun stand máis grande e protagonizará a degustación de bonito que terá lugar o venres ás 13:00 horas. O Concello pon un autobús para que as persoas que o desexen poidan asistir a este acto. 

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde o Concello de Burela, por medio da Delegación de Turismo, vamos asistir un ano máis á feira Xantar, en Ourense, xa que entendemos que é moi positiva para poder mostrar alí todos os atractivos turísticos que ten Burela. Ademais este ano decidimos dar un salto na presenza nesa feira: ampliamos o stand e tamén vamos ter un día dedicado a Burela en Xantar, que vai ser o venres.  Esa xornada será cando imos facer unha degustación do bonito en diferentes...

leer más
Etiquetas:
27/03/2018

O Círculo de Recreo de Mondoñedo organiza o 21 de abril un xantar-homenaxe a Isidro Otero García.

O evento celebrarase na finca San Antonio en Mondoñedo a partires das 14:30 horas.

O prezo por persoa é de 40 euros, incluído o agasallo, e o menú será servido por Mesón de Alberto.

A compra de tarxetas para asistir ao xantar pode facerse en La Alianza, O Rincón de Mondoñedo e A Taberna do Valeco. A data límite para a retirada de tarxetas é o 18 de abril.

 

Etiquetas:
06/06/2017

O Concello de Foz organiza, a través da súa Concellería de Asuntos Sociais, unha comida para os maiores do municipio, que terá lugar o sábado 17 de xuño. A participación neste evento é gratuíta, pero os que queiran acudir deben retirar as tarxetas no centro social a partir de hoxe.

A concelleira de Asuntos Sociais de Foz, Mercedes González Alonso, explicou: “xa levábamos moito tempo con ganas de facer esta xuntanza. Nesta comida dos maiores queremos obsequialos cun día especial de convivencia no que agardamos que todos se sintan a gusto e que se divirtan. Terá lugar o día 17 de xuño, sábado, ás dúas da tarde na Sala Bahía. É para todos aqueles que teñan cumprido 65 anos e que estean empadroados no Concello de Foz”.

Mercedes González subliña que “a entrada é gratuíta pero previamente deberán retirar a tarxeta no...

leer más
Etiquetas:
03/03/2017

O Concello de Ourol, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza varios actos para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo.

O sábado, 11 de marzo, haberá unha xuntanza de mulleres cunha charla de sensibilización e comida-baile.

Dará comezo ás 13:30 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol . O custe da comida é 10 euros e o prazo para anotarse remata o mércores 8 de marzo. O abono é previo a retirada de entradas no departamento de Servizos Sociais.

 

Etiquetas:
03/03/2015
Burela promociónase en Xantar a través do bonito. Na feira, que se celebra en Ourense, haberá unha degustación deste peixe este xoves.
 
O Concello de Burela estará presente na XVI edición de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra en Expourense desde mañá, 4 de marzo, ata o domingo día nove.
Segundo afirmou o rexedor, José María González Barcia, Burela contará con stand propio, no que se proxectarán imaxes da localidade e se distribuirá material informativo. O alcalde indicou que concello burelés usará o bonito e a actividade mariñeira como elemento fundamental da súa promoción, e tamén como reclamo. Para iso, o xoves á unha e cuarto do mediodía terá lugar unha degustación de bonito, cedido por ABSA, coa finalidade de dar a coñecer o príncipe azul nun ámbito xeográfico no que o concello vén estando presente a través de Xantar desde hai anos.
... leer más
Etiquetas:
03/03/2015
Cervo promociona as tres festas de interese turístico, a do mexillón e os atractivos do municipio na feira Xantar, en Ourense.
 
O Concello de Cervo terá a partir de mañá un expositor promocional no 16º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra en Ourense do 4 ao 8 de marzo e que hoxe foi acondicionado e preparado. A edil de Turismo, Begoña Alonso, desprazouse ata a capital ourensá, onde se reuniu con membros da organización. Este é o segundo ano consecutivo no que o municipio participa nesta feira, á que na edición anterior acudiu presentando a Festa do Ourizo. 
Este ano, o Concello decidiu ampliar as posibilidades de promoción, centrando os seus esforzos nas tres festas de Interese Turístico Galego (Maruxaina, Queimada e Ourizo, aproveitando a proximidade desta última) así como na Festa do Mexillón. De feito, nesta edición vaise volver a concorrer ao concurso de Carteis de Festas...
leer más