O 26 de setembro celébrase en Cervo a festa na honra de San Ciprián. Haberá misa, xantar e baile.

A asociación Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza este xoves, 26 de setembro, a festa na honra a San Ciprián.

Ás 12:30 horas, haberá misa cantada pola coral Terra Mar na capela de San Ciprián. Ás 14:30 horas, celebrarase un xantar no Restaurante Buenavista, e ás 17:30 horas na Casa do Mar terá lugar un baile amenizado polo Dúo EPO-K.