O 22 de xuño terán lugar os actos centrais do 50 aniversario do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo.

O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, convoca a todas as persoas que están ou estiveron vinculadas ao centro a unha xornada de actividades para celebrar o 50º aniversario das súas actuais instalacións, que están na rúa Carlos III da vila ribadense. Será o 22 deste mes, sábado, e inclúen unha comida de confraternidade.

Os actos dese día comezarán ás doce do mediodía cunha Eucaristía de acción de gracias, que se celebrará na capela do colexio. A continuación descubrirase unha placa conmemorativa na fachada de centro e despois farase unha visita á exposición titulada 50 anos sementando futuro. As actividades rematarán cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante Voar ás 14:30 horas. As tarxetas para participar na comida poden adquirirse en Foto Miguel ou na Secretaría do colexio, pero tamén poden ser retiradas electronicamente con transferencia bancaria á conta bancaria ES61 2080 0140 1130 0004 6234, indicando no concepto “Festa 50 aniversario” e enviando confirmación ao correo secretaria@csagradocorazon.com.

Sobre estas actividades programadas para o día 22 deste mes o equipo directivo do colexio ribadense Sagrado Corazón explica: “nos satisface abrir nuestro centro para compartir las ilusiones y los sueños que, gracias al esfuerzo de muchas personas de ayer y de hoy, se crearon y siguen generándose en nuestro colegio Sagrado Corazón”.