Autobús

Etiquetas:
02/11/2021

Burela estará presente na feira de turismo gastronómico Xantar, que terá lugar en Ourense desde mañá, mércores. O venres o alcalde participará nun acto con motivo da celebración do día do mar e haberá unha degustación gastronómica. O Concello porá un autobús con 48 prazas dispoñibles, para que os veciños e veciñas de Burela que o venres se queiran desprazar ata Xantar o poidan facer. Para poder viaxar deben inscribirse no Concello.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “a partir do mércores o Concello de Burela vai estar presente na feira de turismo gastronómico Xantar en Ourense. Como todos os anos, imos ter o noso stand alí onde imos promocionar Burela e, ademais este ano, imos contar tamén coa colaboración de Conservas Faro de Burela, que vai expoñer parte dos seus produtos e vai facer unha degustación relacionada co...

leer más
Etiquetas:
31/01/2020

Burela estará presente un ano máis na Feira Xantar, que se celebra en Ourense do 5 ao 9 de febreiro. O día 7 estará dedicado ao mar e Burela ofrecerá unha degustación dos seus produtos típicos. O Concello vai poñer un autobús con 55 prazas para que os veciños e veciñas que o desexen poidan desprazarse ata a cidade das burgas para asistir a esa cita do 7. As persoas interesadas deberán anotarse no Concello, onde tamén se lles facilitará a entrada de acceso a Xantar. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que “os que queiran ir á feira pola súa conta tamén terán entrada pasando a recollela polo Concello”.

O edil anunciou que “para a semana que ven, entre os días 5 e 9, vaise celebrar no recinto feiral de Expo Ourense, a Feira Xantar, referida a poñer en valor os produtos gastronómicos das distintas zonas de Galicia, incluso de...

leer más
Etiquetas:
07/07/2016
Comezaron as viaxes culturais en autobús polo concello de Barreiros. Levaranse a cabo todos os sábados de xullo e agosto.
 
Este sábado, 9 de xullo, darán comezo as viaxes culturais en autobús polo concello. Foron presentadas hoxe e levaranse a cabo todos os sábados dos meses de xullo e agosto. Están organizadas por A Palleira, Aciam Barreiros, Café Bar Moderno, Barreiros Mar e Monte e Concello de Barreiros.
 
David Hinojosa, membro da Aciam, comentou que “estos viajes culturales en autobús serán todos los sábados de julio y agosto. Serán viajes a través de todo el concello dando a conocer un poco agricultura, ganadería, patrimonio y todo el atractivo cultural que tiene nuestro concello. Las salidas son a las once de la mañana desde la plaza del Ayuntamiento. El billete es dos euros y los niños viajan gratis”. No autobús viaxará unha guía, que lles irá...
leer más