Día da Muller

12/03/2026

Viveiro acollerá este venres, día 13 de marzo, unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino. Será na Sala Multiusos do Concello ás 20:00 horas.

O Concello de Viveiro anuncia: “dentro da programación do 8M, convidámosvos a unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino en diversos ámbitos da nosa sociedade. Contaremos coa presenza de referentes en sectores tan diversos como o gandeiro, o marítimo, a saúde, a enxeñaría ou a estratexia empresarial. Mulleres que, co seu exemplo e loita, lideran o territorio e os sectores estratéxicos”.

10/03/2026

Este luns, 9 de marzo, celebrouse Escola de San Adriano o taller titulado Ao son das mulleres, unha actividade participativa impartida pola musicoterapeuta María Fuente, dentro da programación organizada polo Día Internacional da Muller. Continuará con dúas sesións máis: este venres, día 13 de marzo, no Local Social de San Xurxo de 17:00 a 18:00 horas e o vindeiro luns, 16 de marzo, no Multiusos Ponte de Cuñas (Vilanova) de 19:00 a 20:00 horas.

A alcaldesa, Rocío López, fai un balance positivo das actividades celebradas ata agora en Lourenzá para conmemorar o 8M porque “houbo bastante asistencia de xente, que acolleu moi ben os actos”.

06/03/2026

O Concello de Alfoz conmemorará o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha campaña institucional que este ano leva por lema Igualdade real, tamén no rural, unha mensaxe que reivindica “a necesidade de seguir avanzando na igualdade de dereitos e oportunidades para as mulleres tamén nos territorios rurais”.

Con motivo desta data, a Casa do Concello de Alfoz tinguirase de violeta, “como símbolo de apoio e recoñecemento a todas as mulleres e como mostra do compromiso institucional coa igualdade”.

Ademais o Concello de Alfoz publicará a terceira edición da iniciativa Mulleres de Alfoz, unha serie de infografías que poñen en valor a traxectoria e a experiencia vital de mulleres do municipio. “A través destas publicacións preténdese dar visibilidade ao papel fundamental que desempeñan na sociedade...

leer más
05/03/2026

O Concello de Foz conmemora o 8M con actividades que se desenvolverán os días 8, 9 e 11 de marzo.

A delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz conmemora o día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, co lema Agora máis coeducación ca nunca, “apostando por unha convivencia en igualdade de todas as nenas e nenos, independentemente da súa identidade de sexo ou de xénero. Sendo necesario eliminar estereotipos ou calquera mecanismo discriminatorio nos centros educativos, para garantir un desenvolvemento integral e igualitario, fomentando a educación no sexista, o respecto e a prevención da violencia. A pretensión con esta transformación social é crear un cambio social, derivando nunha sociedade máis xusta e pacífica. É un día para a denuncia e a reivindicación por todo o que queda por facer, pero tamén para celebrar os avances acadados”, anuncia a concelleira...

leer más
04/03/2026

O Concello de Burela conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun programa de actividades “aberto á veciñanza e dirixido a diferentes idades, que combina actos institucionais, propostas culturais e accións educativas ao longo do mes”. Serán os días 8, 12 e 13 de marzo

O acto central terá lugar o domingo 8 de marzo ás 17:30 horas no Parque Rosalía, onde se fará a lectura do Manifesto Institucional. A continuación, desenvolverase a actividade participativa Sementando Igualdade, que segundo explicou a concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, “consistirá na plantación de flores lilas como xesto simbólico no parque onde xogan as nosas crianzas, unha maneira de lembrar que o futuro tamén se constrúe educando en igualdade dende os primeiros anos”.

A programación incluirá dúas proxeccións abertas...

leer más
02/03/2026

O Concello de Barreiros, a través da área de Igualdade, organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, co obxectivo de reforzar a sensibilización social, a participación da veciñanza e o traballo transversal en igualdade de xénero. Serán os días 6, 8 e 14 de marzo.

A primeira das actividades será a lectura da declaración institucional. Terá lugar o venres 6 de marzo ás 11:30 horas na Praza do Concello. Ao remate do acto, entregarase un pequeno agasallo ás persoas asistentes.

O propio día 8 de marzo, domingo, conmemorárase a xornada cun monólogo treatralizado sobre a obra A Muller Soa, de Franca Rame e Darío Fo. A interpretación será a cargo do Colectivo Cultural Ollomao ás 20:00 horas nos colexios vellos de San Miguel, con entrada de balde e ata completar o aforo.

... leer más
25/02/2026

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade presentou o programa do 8M, que inclúe actividades para os días 8, 11 e 25 de marzo e 8 de abril.

“Os actos comezarán o domingo 8 de marzo coa reivindicativa Andaina pola Muller. Despois a tradicional Chocolatada onde, ademais de merendar, vaise conmemorar ás primeiras mulleres emprendedoras do comercio de Xove, coa asistencia das homenaxeadas e a proxección dun vídeo onde narrarán a súa experiencia como empresarias nunha época na que o mundo dos negocios aínda era un ámbito reservado ós homes. Ademais este ano 2026 desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade puxemos especial interese en reivindicar a corresponsabilidade entre homes e mulleres nos...

leer más
24/02/2026

O Concello de Viveiro organizará o sábado 7 de marzo unha comida con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area.

A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, “está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M”, explica o Concello de Viveiro. O prezo do xantar é de 50 euros e as mulleres interesadas en participar poden recoller a súa entrada a partir deste mércores, 5 de febreiro, no propio Restaurante Louzao.

O Concello de Viveiro anuncia tamén que publicará nos vindeiros días a programación completa con motivo do 8M.

Etiquetas:
23/02/2026

O Concello de Cervo conmemora o Día Internacional da Muller coa celebración do tradicional xantar, organizado en colaboración coas asociacións do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres en Igualdade de Cervo. A cita terá lugar o domingo 8 de marzo ás 14:30 horas no restaurante O Noso Lar, cun prezo de 35 euros por persoa. Os tickets poderán mercarse no propio restaurante a partir deste martes, 24 de febreiro.

Durante a comida farase entrega dos premios ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a disputar estes días e sortearanse agasallos cedidos polas asociacións organizadoras. A xornada continuará con animación musical a cargo do dúo Caramelo na Casa do Mar, “garantindo un ambiente festivo e de convivencia nunha data sinalada para reivindicar a...

leer más
11/03/2025

O Concello de Viveiro organiza unha cea baile con motivo do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar no restaurante Louzao, de Area, este sábado, día 15 de marzo, ás 22:00 horas.

“Trátase dunha noite de convivencia na que queremos recoñecer o traballo e o labor das mulleres do nosos municipio”, sinala a alcaldesa, Mariña Gueimunde.

As persoas interesadas en asistir poden mercar a súa entrada por 50 euros no propio restaurante a partir deste mércores, 12 de marzo.