O Concello de Viveiro organiza unha comida o 7 de marzo para conmemorar o Día da Muller

O Concello de Viveiro organizará o sábado 7 de marzo unha comida con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area.

A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, “está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M”, explica o Concello de Viveiro. O prezo do xantar é de 50 euros e as mulleres interesadas en participar poden recoller a súa entrada a partir deste mércores, 5 de febreiro, no propio Restaurante Louzao.

O Concello de Viveiro anuncia tamén que publicará nos vindeiros días a programación completa con motivo do 8M.