Servizos Sociais

29/11/2023

O Foro Social da Mariña promove unha palestra en Burela co título “Dereito ou negocio? Os servizos sociais. As residencias de maiores a debate”. O relator será o médico de familia Carlos Fernández Fraga e terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (Antiga Biblioteca) este xoves, 30 de novembro ás 20 horas.

O Foro Social da Mariña explica que o obxectivo deste charla é “favorecer unha reflexión sobre o futuro das persoas maiores no proceso de envellecemento na nosa cambiante sociedade. Na Mariña vivimos cambios vertixinosos nas familias, na vivenda, nas necesidades de apoio social, nos coidados dos enfermos crónicos. E as residencias de maiores son unha parte de ese futuro, que teremos que artellar entre todos”.

 

17/11/2014
O Concello de Burela organiza o seu XIII Certame de Debuxo entre rapaces de 12 a 20 anos para loitar contra a SIDA.

A concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, organiza o seu XIII Certame de Debuxo e  Pintura con motivo do Día Mundial da Sida. Con el pretende concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre o VIH-SIDA, a súa prevención e a capacidade de ser solidarios coas persoas que padecen esta enfermidade. No concurso poderán participar tódolos rapaces do Concello de Burela que teñan entre 12 e 20 anos e entreguen os seus debuxos orixinais antes do 25 de novembro, nos centros de Ensinanza Secundaria da localidade ou na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela (Rúa Laxelas s/nº).

 

...

leer más
13/11/2014
O Concello de Foz oferta 17 cursos en 8 parroquias do municipio para os vindeiros cinco meses.

O Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da...

leer más