O Foro Social da Mariña organiza unha charla en Burela sobre os servizos sociais este xoves, 30 de novembro

O Foro Social da Mariña promove unha palestra en Burela co título “Dereito ou negocio? Os servizos sociais. As residencias de maiores a debate”. O relator será o médico de familia Carlos Fernández Fraga e terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (Antiga Biblioteca) este xoves, 30 de novembro ás 20 horas.

O Foro Social da Mariña explica que o obxectivo deste charla é “favorecer unha reflexión sobre o futuro das persoas maiores no proceso de envellecemento na nosa cambiante sociedade. Na Mariña vivimos cambios vertixinosos nas familias, na vivenda, nas necesidades de apoio social, nos coidados dos enfermos crónicos. E as residencias de maiores son unha parte de ese futuro, que teremos que artellar entre todos”.