Vilaoudriz

07/09/2023

A parroquia de Vilaoudriz, na Pontenova, celebrará as súas festas na honra da Virxe das Dores do venres 15 ao domingo 17 de setembro.

O venres a partir das 22:00 horas haberá churrascada no campo da festa e verbena amenizada por Pedro Brmudez DJ. Para degustar o churrasco hai que comprar tickets e o prazo para retiralos remata o 13 de setembro.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, onde ademais haberá procesión e sesión vermú co grupo Lecer, que tamén tocará na verbena, onde ademais actuará Verónica Cambón.

As festas rematarán o domingo 17, xornada na que ás 13:00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, onde tamén haberá procesión e sesión vermú co dúo La hora bruja.

O campo da festa estará cuberto con carpa.