Vilou

Etiquetas:
26/03/2024

Volve a Lourenzá o Vilou Spring Fest, que nesta edición conta coas actuacións das orquestras Panorama e El Combo Dominicano. Será o 28 de marzo, día de Xoves Santo, no recinto feiral de Vilanova de Lourenzá, onde estará instalada unha carpa de grandes dimensións.

Haberá sesión vermú desde as dúas da tarde cos DJs Billy e Dani Rego e a partir das 10 e media da noite celebrarase o festival cos mesmos DJS e as orquestras El Combo Dominicano e Panorama, que presenta a xira 2024.