motera

11/02/2026

A Xunta de Galicia anuncia que renova a súa colaboración coa Concentración Mototurística Ruta N-634 Cidade de Mondoñedo, que celebrará a súa 35ª edición entre o venres 6 e o domingo 8 de marzo.

O director territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Vázquez Nodal, participou este mércores na presentación do programa xunto con representantes do Motoclub Mondoñedo Ruta N-634, impulsores do evento.

A organización agarda unha alta participación de afeccionados procedentes de toda Galicia, doutros puntos de España como Madrid, Zaragoza, León e Asturias; así como de Francia e Portugal.

O sábado 7 de marzo será a xornada central, cunha comida na praza da Catedral e pola tarde xogos, exhibicións e una Ruta das Antorchas, ademais doutras actividades festivas e de convivencia. O domingo 8 haberá unha ruta libre con punto de...

leer más