Manualidades

29/10/2023

O Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo de manualidades, que será impartido no Local Social Concepción Arenal (Antigo Matadoiro) a partir do 7 de novembro ás 16:00 horas.

A duración das actividades está prevista dende o 7 de novembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024. O prazo de solicitude iníciase este luns, 30 de outubro.

As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30 ou na Casa da Cultura do Concello do Valadouro tamén en horario de atención ao público de 09:00 a 20:30.

As persoas interesadas poden atopar aquí as bases de participación e o modelo de inscrición.

https://cutt...

leer más
21/09/2016
O 3 de outubro darán comezo en Barreiros os cursos de manualidades, que organiza o Concello e que se impartirán en San Pedro, en San Xusto e en Celeiro de Mariñaos.
 
O vindeiro 3 de outubro darán comezo os cursos de manualidades, que organiza o Concello barreirense a través do departamento de Servizos Sociais. 
 
Os cursos impartiranse os luns e os venres de 15:30 a 19:30 horas no canteiro en San Pedro. Os mércores de 15:30 a 19:30 horas no local social de San Xusto e os xoves no mesmo horario, de tres e media a sete e media da tarde, nas escolas en Celeiro de Mariñaos.
 
Segundo sinalan desde Servizos Sociais “para asistir non é necesario inscribirse previamente, chega con acercarse ao lugar no que se imparten os días sinalados”. 
 
19/08/2016
Na Casa da Cultura, de San Ciprián, pódese visitar ata o 28 de agosto unha exposición de manualidades feitas por mulleres que participaron nun curso organizado pola asociación As Espalladoras.
 
Na Casa da Cultura, de San Ciprián, pode visitarse unha exposición de manualidades feitas por mulleres que participaron nun curso organizado pola asociación As Espalladoras. Á inauguración da mostra asistiron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros da corporación municipal de Cervo.
 
O rexedor municipal explicou que “inauguramos unha exposición das manualidades feitas polas mulleres que estiveron acudindo a un curso organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras. Vai estar aberta ata o 28 de agosto en horario de mañá e tarde. Pola mañá de 11:00 a 13:30 horas e pola tarde de 18:00 a 21:00 horas. Expóñense os traballos feitos por unhas vinte persoas, que foron as que acudiron a estes cursos que tiveron lugar no...
leer más
22/09/2015
O Concello de Barreiros organiza cursos de manualidades en outubro en San Pedro, San Xusto e Celeiro de Mariñaos.
 
O Concello, a través do Departamento de Servizos Sociais, ten programado para o vindeiro mes de outubro un curso de manualidades que terás tres localizacións diferentes no municipio. 
Os martes e os venres celebrarase en horario de 15:30 a 19:30 horas no Canteiro, en San Pedro; os mércores terá lugar no mesmo horario no local social de San Xusto e os xoves nas escolas de Celeiro de Mariñaos, tamén na mesma franxa horaria que os anteriores.
As clases comezan ao día 1 de outubro e a inscrición realizarase nos propios cursos.