O Concello de Barreiros organiza cursos de manualidades en outubro en San Pedro, San Xusto e Celeiro de Mariñaos.

O Concello de Barreiros organiza cursos de manualidades en outubro en San Pedro, San Xusto e Celeiro de Mariñaos.
 
O Concello, a través do Departamento de Servizos Sociais, ten programado para o vindeiro mes de outubro un curso de manualidades que terás tres localizacións diferentes no municipio. 
Os martes e os venres celebrarase en horario de 15:30 a 19:30 horas no Canteiro, en San Pedro; os mércores terá lugar no mesmo horario no local social de San Xusto e os xoves nas escolas de Celeiro de Mariñaos, tamén na mesma franxa horaria que os anteriores.
As clases comezan ao día 1 de outubro e a inscrición realizarase nos propios cursos.