Xuventude

Etiquetas:
21/12/2016
Do 26 ao 30 de decembro terá lugar en Cervo o programa Xuventude no Nadal, que inclúe diversidade de actividades.
 
O Concello de Cervo pon en marcha o programa Xuventude no Nadal, que inclúe actividades do 26 ao 30 deste mes. Foi presentado no Instituto de Secundaria Marqués de Sargadelos, de San Ciprián pola concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, e o de Deportes, José Ramón Soto Martínez.
 
Dentro desta iniciativa haberá competicións nas que poderán participar equipos formados por un mínimo de 3 persoas e un máximo de 5 compoñentes, de idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos. As probas, que se desenvolverán no pavillón de San Ciprián os días 26, 27 e 28 a partir das 17 horas, serán de volei 3x3, baloncesto 3x3, fútbol 3x3, pádel 2x2, zorb ball, rocódromo, pista americana, circuíto de cars a pedais e A Cervo Oca, con pistas preguntas e probas. Os...
leer más
Etiquetas:
28/09/2016
A Casa da Xuventude burelesa acollerá ata decembro varios obradoiros dirixidos a rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.
 
A Concellería de Xuventude programa para o último trimestre do ano diversas actividades na Casa da Xuventude entre as que figuran obradoiros de retrato debuxado, de radio e de impresión en 3D ademais dunha multiaventura familiar en Silleda. Están destinadas a rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos. O obxectivo pasa por potenciar a instalación e por converterse nun instrumento válido e positivo para os xoves, segundo José Díaz. 
 
O edil de Xuventude explicou que “queremos que la Casa da Xuventude se convierta en un vehículo de comunicación con los jóvenes, de acercarles, de ayudarles a conocer novedades en todos los aspectos, sociales, laborales, incluso también de ocio, y que sirva como un instrumento válido y positivo para fomentar en ellos vocaciones e incluso el...
leer más
Etiquetas:
27/08/2016
O Concello de Mondoñedo presenta o programa da segunda edición da Festa da Xuventude, que se celebrará o 9 de setembro.
 
A Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a segunda edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 9 de setembro, a partir das 18 horas e ata entrada a madrugada, na praza do Concello. 
 
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas.
 
García avanzou que “esta edición contará cos concertos de tres bandas de distintos estilos musicais e a actuacións de varios Djs de música electrónica”. O concelleiro precisou tamén que “coa festa da Xuventude se dan por iniciadas as festas patronais de Nosa Señora dos Remedios, que se...
leer más
Etiquetas:
30/09/2015
A Casa da Xuventude de Ribadeo acollerá o 21 de outubro unha charla sobre "Os bos e os malos usos das Tics". Está destinada a moz@s de 8 a 14 anos, a familias e a docentes.
 
A Casa da Xuventude Ribadeo acollerá o día 21 de outubro, entre as 19:30 e as 20:30 horas unha charla sobre Os bos e malos usos das TICs. Está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e pola  Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) dentro da Xira Rapaciñ@s. 
 
Segundo explican desde a Concellaría da Mocidade “a charla vai dirixida a familias, docentes e nenos entre 8 a 14 anos  co obxectivo de sensibilizalos e formalos acerca dos riscos dun mal emprego de internet, das redes sociais e dos dispositivos e tamén expoñer en detalle os moitos beneficios que poden tirar dun uso axeitado destes recursos”. 
 
... leer más
21/01/2015
 Lourenzá acollerá o martes, 27 de xaneiro, unha conferencia para dar a coñecer o traballo das Forzas Armadas.

 

A Concellería de Educación de Lourenzá ven de organizar unha conferencia para o vindeiro martes, 27 de xaneiro , en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo. A charla será impartida por persoal das Forzas Armadas Españolas e cumprirá un dobre obxectivo: informar aos veciños de Lourenzá sobre cales son as labores que as Forzas Armadas están a levar a cabo por todo o mundo e fomentar o acceso dos mozos laurentinos a este corpo, promovendo unha saída laboral para a xuventude do concello. A conferencia impartirase ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello. 

A concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, explicou que "vimos de organizar unha charla, en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo, na que tratamos de difundir a labor das Forzas Armadas Españolas. Basicamente...

leer más