Do 26 ao 30 de decembro terá lugar en Cervo o programa Xuventude no Nadal, que inclúe diversidade de actividades.

Do 26 ao 30 de decembro terá lugar en Cervo o programa Xuventude no Nadal, que inclúe diversidade de actividades.
 
O Concello de Cervo pon en marcha o programa Xuventude no Nadal, que inclúe actividades do 26 ao 30 deste mes. Foi presentado no Instituto de Secundaria Marqués de Sargadelos, de San Ciprián pola concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, e o de Deportes, José Ramón Soto Martínez.
 
Dentro desta iniciativa haberá competicións nas que poderán participar equipos formados por un mínimo de 3 persoas e un máximo de 5 compoñentes, de idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos. As probas, que se desenvolverán no pavillón de San Ciprián os días 26, 27 e 28 a partir das 17 horas, serán de volei 3x3, baloncesto 3x3, fútbol 3x3, pádel 2x2, zorb ball, rocódromo, pista americana, circuíto de cars a pedais e A Cervo Oca, con pistas preguntas e probas. Os interesados en participar poden apuntarse na Casa do Mar, de San Ciprián, chamando aos teléfonos 982.879.593 ou 691.656.600, ao que tamén se pode enviar unha mensaxe de whats app, ou enviando un correo electrónico á dirección dinamizacion@concellodecervo.com.
 
Ademais o xoves 29 ás 20 horas proxectarase no auditorio da Casa de Cultura a película O club dos incomprendidos e o venres 30 terá lugar na Casa do Mar a festa de clausura, que comezará ás dez da noite, ás 23 horas haberá un monólogo a cargo de Carmen Conde, para as 23:30 horas está programada a entrega de premios das competicións e a partir das 23:45 haberá música de DJ. Os que queiran apuntarse para ser DJ nesta festa deben apuntarse a través da dirección de correo electrónico dinamización@concellodecervo.com ou enviando un whats app ao teléfono 691.656.600.
 
Haberá premios, de 100 e 50 euros en vales para gastar en establecementos do concello, para os dous equipos mellor clasificados en cada categoría das competicións.