Casa

Etiquetas:
22/07/2022

Hoxe inaugurouse en Ribadeo a exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía na que se repasa a historia deste museo e se lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa grazas á colaboración de milleiros de persoas.

A mostra, que se pode visitar no Campo de San Francisco ata o 7 de agosto, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo. Foi inaugurada este mediodía por Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e pola concelleira de Cultura, Pilar Otero. Ribadeo é a primeira etapa desta exposición que viaxará logo por Foz, Sarria, Vilalba, Chantada e Becerreá, grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 

Anxo Angueira dixo que “esta exposición fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de...

leer más
Etiquetas:
03/03/2021

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro congratúlanse de comunicar que o Museo conta cunha nova vitrina grazas á colaboración de César Cunqueiro González-Seco, fillo de Álvaro Cunqueiro, que cedeu novo material que foi propiedade do escritor mindoniense a quen está adicada a Casa – Museo.

O novo material que xa está exposto consiste en:
-O anel de Álvaro Cunqueiro polo título “Doutor Honoris Causa” concedido pola USC (1980)
-A medalla da concesión do Pedrón de Ouro a Álvaro Cunqueiro (1980)
-Unha figura de trotador medieval con zanfona correspondente ao Premio da Crítica – Galicia 1979 de Creación Literaria.
-A petaca para puros de Álvaro Cunqueiro
-A carteira coas letras “A” e “C” entrelazadas na parte dianteira representando a súas iniciais de Álvaro Cunqueiro.
-O catador de viños de...

leer más
Etiquetas:
05/11/2020

Obligado por la situación actual y las nuevas restricciones a la hostelería, el Resort Las Sirenas de Viveiro, aunque cerrará sus instalaciones desde este sábado, 7 de noviembre, hasta el 4 de diciembre, mantendrá abierto su restaurante panorámico durante los fines de semana de noviembre con el servicio “TAKE AWAY by THALASSO” ofreciendo los platos de su carta para llevar a casa.

Los pedidos y reservas podrán hacerse durante toda la semana por teléfono en el 635508191, mientras que el horario de recogida será los sábados y domingos de 13:30h a 15:30h.

Aunque sus hoteles permanecerán cerrados este mes, sí se mantendrán operativos los Apartamentos Las Sirenas, con los que se puede contactar en el teléfono habitual 982560200.

Desde el complejo turístico viveirense, que cuenta con el mayor...

leer más
Etiquetas:
23/04/2020

O Concello de Cervo reparte xa casa por casa o material didáctico do taller de memoria a domicilio que puxo en marcha a través da delegación de Servizos Sociais. 

Pilar Armada recorda que esta actividade, que xa conta cunha trintena de participantes e que está dirixida tanto para as persoas usuarias habituais do obradoiro como para a veciñanza en xeral, foi concibida “co obxectivo de achegarlles eses exercicios tan saudables para exercitar a nosa memoria para que os poidan realizar desde a casa. Son actividades –engade- que ademais de axudar a exercitar a nosa mente, consideramos que tamén poden ser unha boa opción para ocupar o noso tempo neste días de confinamento”. 

Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben poñerse en contacto con nós a través do teléfono 615 32 13 86: e no...

leer más
Etiquetas:
31/03/2020

O Concello de Ribado e BeOne poñen a disposición dos veciños e das veciñas unha aplicación gratuíta para adestrar e manterse en forma desde a casa nesta época de confinamento. Así o anunciou hoxe o alcalde, Fernando Suárez, Barcia. 

O rexedor explicou que “desde o Concello de Ribadeo, a parte das outras cuestións nas que traballamos, estamos preocupados por estas medidas de confinamento. Os días van pasando e faise moi longo o tempo, a xente está a vivir entre catro paredes, e temos que poñer en práctica aquel dito latino que dicía mens sana in corpore sano, é dicir para estar ben mentalmente debemos ter o corpo ben. E para iso debemos facer deporte e para facer deporte na práctica totalidade dos casos é necesario saír e como non podemos facelo temos que aproveitar os recursos que a técnica ou a tecnoloxía nos permiten”.

... leer más
Etiquetas:
18/03/2020
O Concello de Cervo pon en marcha unha serie de iniciativas para contribuír a facer máis amenas estas xornadas de confinamento á veciñanza.
 
Deste xeito, hoxe mesmo, arrinca o programa de actividades propostas a través das redes sociais municipais (https://www.facebook.com/CONCELLO-DE-CERVO-AYUNTAMIENTO-DE-CERVO-3289228... e o instagram @cervocultura https://instagram.com/cervocultura?igshid=2jerajytcnpu baixo o cancelo #cervoquedanacasa.
 
Para poder participar no concurso os pasos son os seguintes:
1º Facerse seguidor da nosa conta de instagram @...
leer más
Etiquetas:
06/10/2019

O Concello de Mondoñedo inicia un plan de actividades para a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro para o que a alcaldesa, Elena Candia, vén de nomear Coordinador de Actividades e Publicacións da mesma ao investigador e crítico literario Armando Requeixo.

O plan inicial de traballo deseñado para a Casa-Museo contempla diversas actividades a realizar no período que se estende entre as datas de nacemento (22 de decembro) e pasamento (28 de febreiro) do autor.

Ademais das conferencias baixo o nome ‘Cunqueiro aquí e acolá’, entre as  actividades previstas para levar a cabo atópase a publicación de materiais cunqueirianos que axuden a espallar e profundar na obra do autor; o inicio da Colección Selva de Esmelle ou a publicación dunha revista de estudos cunqueirianos.

A primeira das conferencias dunha...

leer más
Etiquetas:
02/03/2019

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este venres a casa de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, un edificio que contou co principal patrocinio da Deputación, cunha achega de 308.000 euros.Trátase dun inmoble privado, que foi cedido ao Concello e para o que os veciños demandan a súa titularidade pública para o seu desfrute, poisarranxouse con fondos públicos. 

“Hoxe demostramos que somos unha Deputación que apoia todos os proxectos, goberne quen goberne, atendendo sempre as prioridades de cada Concello e dos seus veciños. Por iso, insisto, é necesario investiren espazos públicos, para reverter os recursos de todos os lucenses para todos os lucenses”, remarcou o Presidente.

Campos Conde dixo que “celebramos ter contribuído decisivamente desde o Goberno da Deputación a que na cidade de Mondoñedo onde...

leer más
Etiquetas:
18/05/2016
O Concello de Mondoñedo presentará ao público o proxecto definitivo da Casa Museo de Cunqueiro. Será este sábado, 21 de maio.
 
O Concello de Mondoñedo presentará este sábado ao público o proxecto definitivo da Casa Museo de Cunqueiro, cuxa redacción foi adxudicada á arquitecta Gloria Trigo e a través do que o Goberno local pretende poñer en valor a edificación e dispoñer dun centro en lembranza ao ilustre escritor.
 
O acto de presentación do proxecto será na Casa da Xuventude da localidade, ás 12:00 horas. A alcaldesa, a popular Elena Candia, invita aos veciños a que coñezan de primeira man os detalles deste proxecto, que se amosarán a través dos soportes técnicos necesarios como son galerías de imaxes con planos e recreacións finais da obra.
 
Na presentación intervirán o...
leer más