Ardora

Etiquetas:
24/03/2026

O Concello de Cervo anuncia a representación da obra teatral Aire fresco, a cargo do grupo Ardora, de San Ciprián, que terá lugar este domingo, día 29 de marzo, ás 19:00 horas no Local Social de Lieiro. A entrada será libre ata completar aforo.

A presentación do evento contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, da concelleira Mali Méndez, así como de membros da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro, que organiza a actividade, e do elenco da obra, e celebrouse no propio local social onde terá lugar a representación.

O Concello de Cervo explica que “Aire fresco é unha comedia que, a través do humor, convida á reflexión sobre cuestións sociais de gran relevancia. A obra aborda como a crise da Covid puxo de manifesto problemas comúns da vida cotiá que a miúdo pasan...

leer más
Etiquetas:
29/01/2026

O grupo de teatro Ardora, de Cervo, representará a obra titulada Aire Fresco este sábado, día 31 de xaneiro, ás 18:00 horas no Local Social de Bravos (Ourol).

Está organizada polo grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, que anuncia: “unha tarde perfecta para rir, emocionarse e gozar do teatro feito dende a comunidade”.

Etiquetas:
11/11/2025

O grupo teatral Ardora, de San Ciprián (Cervo), representará a obra titulada Aire fresco este sábado, día 15 de novembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz. É unha comedia para todos os públicos cunha duración de 75 minutos. A entrada é de balde.

O Concello de Alfoz explica que “nesta obra o humor serve para reflexionar sobre unha realidade moi seria: as persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados durante a pandemia, pola súa vulnerabilidade e polo impacto que o illamento tivo nas súas vidas. Aire Fresco busca facer rir, pero tamén concienciar sobre a importancia de coidar a quen nos coidou. Vente pasar un rato de teatro, risa e reflexión”.

Etiquetas:
19/12/2024

O grupo de teatro Ardora, de San Ciprián (Cervo), representará a obra titulada Aire fresco na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 21 de decembro, ás 20:00 horas. A entrada é libre.

Aire fresco é unha comedia con esta trama: “A crise do covid puxo de relevo problemas común que todos temos na cotidianidade, pero que tenden a ser invisibilizados. As persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados pola pandemia, dada a súa vulnerabilidade. Esta obra busca concienciar á sociedade sobre a necesidade urxente de prestar unha atención adecuada a quen coidou e agora precisa ser coidado”.

Etiquetas:
11/11/2024

O grupo teatral Ardora presentará a obra titulada Aire Fresco este domingo, día 17 de novembro, no Vicedo. Será ás 19 horas na Casa da Cultura.

“Non volo perdades, pasaremos un bo momento de risas observando situacións que todos vivimos algunha que outra vez”, anuncia o Concello do Vicedo sobre esta representación teatral.