SD Burela
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colaborará na organización das actividades preparadas pola SD Burela para conmemorar o sesenta aniversario do club, que este mes de outubro cumpre seis décadas de participación continuada en competicións federadas.
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro; o deputado de Mocidade, Daniel García; e o tenente alcalde de Burela, Mario Pillado; mantiveron este mércores unha reunión con Jairo Campo, presidente da entidade, na que abordaron o programa de actividades previstas, “centradas na historia da SD Burela como referente deportivo e na súa dimensión social”.
Efrén Castro e Daniel García valoraron “o interese do club por botar a vista atrás e recoñecer con este aniversario a labor das persoas que se implicaron ao longo do tempo na continuidade do proxecto deportivo” e destacaron “que iniciativas coma este demostrara...
leer másO club Sociedade Deportiva Burela celebrará unha cea baile este sábado, día 22 de novembro, no Hotel Nordés. A música correrá a cargo de DJ Balbi.
“Unha noite especial para celebrar gran familia verde que somos”, anuncia a SD Burela.
A data límite para anotarse é este luns, 17 de novembro.
O club de fútbol SD Burela presenta o primeiro equipo para esta tempada 2025-26 cun partido fronte ao Ribadeo FC e pancetada. Será este venres ás 20:00 horas no campo da Marosa, con entrada gratuíta.
Ademais haberá pancetada, a partir das 20:45 horas, a 5 euros cada ración e sortearase un xamón e un abono da SD Burela para esta tempada.





