O 15 de xullo terá lugar unha nova edición dos Mércores de Natureza en O Vicedo. Será cunha subida do río Sor en kaiaks.

Este mércores, 15 de xullo, celébrase a subida do río Sor en kaiaks.

A saída terá lugar dende o porto de O Barqueiro ás 10:00 horas e o regreso farase en furgonetas de Actividades Estaca desde Ribeiras do Sor. A duración aproximada será de dúas horas.

As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de O Vicedo e a través do número de teléfono 982 59 01 95.

Esta actividade enmárcase dentro dos Mércores de Natureza.