Os Mércores de Natureza volveron no Vicedo. Para o 12 de xullo está prevista unha subida ao río Sor en kaiak.

Un ano máis, volven celebrarse os Mércores de natureza no Vicedo, actividade organizada polo concello. Nesta ocasión, estreáronse con kaiaks e táboas de Paddle SUP. Esta desenvolveuse ao longo de diferentes localizacións como Arealonga, Moledos, Porto, Vidreiro e as covas de Caolín. 

Durante os meses de xullo e agosto, haberá distintas actividades e exercicios, sobre todo de mar ou río, pero tamén de sendeirismo, A próxima actividade consistirá nunha subida ao Río Sor en kaiak.  A hora de encontro será ás 10 da mañá e máis información será detallada na páxina de Facebook Casa Cultura O Vicedo. A inscrición para as actividades debe facerse no 982.59.01.95 ou no correo electrónico  omix@concellodovicedo.org.