Ruta Mototurismo
A Xunta de Galicia apoia a sexta edición da Ruta Castrexa de Mototurismo organizada pola Asociación Motorista Lucense, que se celebrará o 13 de xuño e discorrerá por 11 concellos da provincia, entre eles Trabada e Ribadeo. Os detalles da xornada déronse a coñecer nun acto que tivo lugar na Delegación Territorial de Lugo e no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; José Aurelio Novoa, presidente da entidade promotora, e José Canda, presidente da Federación Galega de Motociclismo, entre outros.
A Xunta explica que “na antesala do Xacobeo 2027, a ruta concede este ano especial protagonismo aos municipios dos Camiños Francés, Norte e Primitivo, que son unha ampla maioría no percorrido proposto; este suma arredor de 450 quilómetros e atravesa Lugo, Abadín, Trabada, Ribadeo, A Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna,...
leer más



