Churrascada

25/08/2026

A Asociación de Veciños Santa Eulalia de A Devesa organiza para este venres, día 28 de agosto a súa primeira “gran churrascada” e anuncia: “non sabemos como quedará o punto da carne, pero a festa está máis que garantida! Apunta para que non te despistes: venres 28 de agosto na explanada do Local Social (se chove non hai drama, hai carpa). A folla de ruta: 20:30 horas, operación coller o ticket; 21:00, a comer (empanada, churrasco de porco, chourizo, pan, auga, viño, sobremesa, café e chupito para baixar o porco); 22:30, baile para queimar as calorías co dúo Puma. O aforo é limitado e temos que saber cantos somos para que non falte nin un cacho de chourizo”.

Para inscribirse hai que contactar con Domingo no teléfono 682.06.57.07 ata este mércores, 26 de agosto.

Etiquetas:
17/02/2026

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, organiza unha churrascada para este domingo, día 22 de febreiro, ás 14:00 horas.

Para participar hai que anotarse previamente e o prazo remata este martes, 17 de febreiro.

Etiquetas:
14/08/2025

A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza este sábado 16 de agosto a súa tradicional Gran Churrascada, que terá lugar a partir das 20:00 horas na explanada do Pavillón de Deportes.

O menú inclúe churrasco, empanada, chourizo, pan, viño e refrescos por un prezo de 15 euros. A xornada estará amenizada por un dj colaborador e polo grupo musical Xanas, garantindo boa música e diversión para todos e todas.

A partir das 00:00 horas, celebrarase unha gran queimada co seu conxuro especial a cargo do carismático Druída do Cu do Castro, poñendo un toque de maxia á noite.

A churrascada conta coa colaboración do Concello de Foz, Gadis e distintas persoas e negocios da zona.

Para máis información e reservas, os asistentes poderán poñerse en contacto coa Asociación...

leer más
Etiquetas:
13/08/2025

O vindeiro domingo, 17 de agosto, a Praza da Mariña converterase nun punto de encontro para a gastronomía e a música coa celebración da Churrascanta, organizada pola Coral Polifónica de Burela.

A xornada comezará ás 11:00 horas con xogos tradicionais e música en directo a cargo de Arume Burela. Ás 14:00 horas serviranse as racións de churrasco con sardiñas, pan, sobremesa e bebida, que se poderán degustar na propia praza ou levar para comer onde cadaquén prefira. 

O prezo da ración é de 15 euros e os tíckets poden mercarse o día da churrascada ou por adiantado en Foto Mariló, Terra Animal, O Bazar de Tere e Peluquería A Tu Estilo- Vanesa Míguez.

A Churrascanta conta coa colaboración do Concello de Burela, Arume, Os Asadores Burela e a Sociedade Cultural  Recreativa Ledicia. Promete ser...

leer más
19/05/2025

Como peche da tempada 2024/25 o Club Deportivo Alfoz organiza unha churrascada popular este sábado, día 25 de maio.

Será no Campo Municipal de Alfoz a partir das 20:00 horas.

O prezo é de 10 euros para os socios do CD Alfoz e de 15 euros para as persoas que non pertencen ao club. E para participar hai que reservar previamente.

Etiquetas:
13/08/2024

A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza unha gran churrascada na explanada do Pavillón de Deportes Torques, de Marzán, o vindeiro 17 de agosto.

A cea comezará ás 20:00 horas. Nela, os asistentes poderán gozar de churrasco, chourizo, empanada, pan, viño e refrescos ademais de bailar con DJ Darío e D’Caché music. Todo isto por tan só por 15 euros. Por último, ás 00:00 horas, a gran queimada e o conxuro especial do Druída do Cu do Castro pecharán unha noite magnífica.

A Asociación de Veciños O Torques de Marzán conta coa colaboración do Concello de Foz, Escairo café-bar e Gadis. 

 

13/08/2019

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto churrascada este sábado, 17 de agosto, ás nove da noite, no auditorio ao aire libre de Cabanela, no paseo marítimo ribadense. O repertorio estará integramente dedicado á música de pasodobres como homenaxe ás antigas bandas que amenizaban as festas nos pobos. A Banda de Ribadeo ofrecerá ademais o seu concerto de San Roque este venres, 16 de agosto, arredor das 13:30 horas. 

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia: “seguimos cos concertos de verán da Banda e nestas datas, cando chega o 16 de agosto, temos o concerto de San Roque que sempre facemos fronte á capela de San Roque, arredor da unha e media da tarde. Queremos convidar á xente que estea por Ribadeo este venres”.

Ballester sinala que “o sábado 17...

leer más
Etiquetas:
19/06/2019

A asociación de veciños de Rúa Candelaria, en Cervo, organiza unha churrascada de San Xoán o sábado, 22 de xuño.

A festa dará comezo ás 20:00 horas no recinto da escola de Rúa e haberá churrasco, chourizos e torresmos. Tamén se celebrará unha verbena que estará amenizada polo grupo Vivarium.

A churrascada será de balde para os socios e o prezo para os non socios é de 6 euros. Os tíckets estarán á venta no recinto da festa a partir das 19:00 horas. 

Colaboran na organización deste evento o Concello de Cervo e Panadería Pastelería Abad de Burela.