Benéfico

Etiquetas:
23/08/2021

O vindeiro xoves, 26 de agosto, terá lugar o concerto benéfico que ofrecerá a Coral Polifónica de Ribadeo. Será no Teatro ás 20:30 horas. O prezo da entrada solidaria será de 5 euros. 

O concerto será a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. As persoas que non poidas asistir teñen á súa disposición unha fila 0 na que se poderán ingresas os donativos, se así o desexan. No Banco Santander hai habilitada unha conta para este fin. 

 

03/01/2017
En Mondoñedo ultímanse os preparativos da gala "La Moda y Tú", que terá lugar o 8 de xaneiro. O recadado destinarase á asociación Nico contra el Cáncer Infantil.

 

A alcaldesa, Elena Candia, acompañada dos deseñadores Manuel Pampillón e Remedios Espantoso; do estilista Óscar Novo e da cantante Lucía Pérez, anunciou os detalles da gala benéfica, denominada 'La Moda y Tú' que se celebrará na localidade mindoniense o próximo domingo, día 8 de xaneiro, a partir das 19:00 horas no Auditorio Pascual Veiga.

O evento organízase co obxecto de recadar fondos para a investigación sobre o cancro infantil. O recadado destinarase íntegro para a asociación Nico Contra el Cáncer Infantil. Nas últimas horas foi presentado o cartel do evento.