Premios
A tenda focense Chuvia recolleu o premio ao Mellor comercio da túa vila no transcurso dunha gala celebrada no Pazo de San Marcos en Lugo.
Recibiu o premio Cati Ramos, que estivo acompañada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo. O acto de entrega de premios contou coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e do presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas.
Na campaña o Mellor comercio da túa vila da Federación Galega de Comercio tamén foron premiados clientes do comercio focense: Maruja Sante recibe unha tarxeta regalo por importe de 300 euros, por unha compra realizadas en Decoraciones Pura; Xosé Luis Moreda, obtivo un premio de 150 euros, tras facer unha compra en Celso Electrodomésticos; 150 euros recibe tamén Ana Pérez Chao, que fixo unha compra en Chinela Nenos; e...
leer másAcisa felicita ao Ferrado Marelo, que foi recoñecido pola clientela como O mellor comercio da túa vila en Ribadeo, na campaña organizada pola Federación de Comercio de Galicia co apoio da Deputación de Lugo.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, foron os encargados da entrega do premio a Patricia Pérez, que recibiu os votos na web do concurso por parte dos clientes que fixeron as súas compras en Ribadeo dende o 14 de novembro o 7 de decembro. O acto tivo lugar na tarde de onte no Pazo de San Marcos en Lugo.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo tamén felicita ás clientas que foron premiadas nesta campaña: “queremos dar tamén a nosa noraboa a Blanca Rañón, gañadora dunha tarxeta regalo de 300 euros, por unha compra...
leer másO xurado da quinta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá -formado por Isabel Vilalba, Fina González, Javier Huertas, María Cruz Valea, Miguel Gavín, María José López e Manuel Arango- deu a coñecer os nominados nas distintas categorías de premios.
Para o premio Conde Santo á mellor representación os elixidos son: Arte, de Hipócrita Teatro; Pan con chocolate, de Ollomao; e Os veciños do lado, de Fauna 113.
En canto ao premio Lourenzo ao mellor actor: Carlos Rebolo, de Hipócrita Teatro; Juan José Villarino, de O Torques; e Pablo Rodríguez, de Fauna 113.
Para o premio Ana á mellor actriz: Noelia do Correo Vello, de Ollomao; Iris Darriba, de Fauna 113; e Bea Gea, tamén de Fauna 113.
En canto ao premio ao mellor actor de reparto: Juan de Culán, de Ollomao;...
leer másMercar no comercio de Lourenzá dende este xoves, 19 de outubro, e ata o 26 de
outubro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e
de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade.
A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a
Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e
Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de
Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL Lourenzá), poñen en
marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.
Así, todos os clientes de Lourenzá que realicen compras por importe mínimo de
10 euros no comercio asociado de proximidade entre o 19 e o 26 de outubro, poden
participar no sorteo en...
Xa se coñecen os nomes das gañadoras e dos gañadores dos 1.000 euros en vales de compra que AciaFozCCA sorteou na súa campaña de Volta ao Cole.
O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Na cita participaron a concelleira de Comercio, Katy Navarro, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Os premiados con 50 euros en vales de compra foron:
Carmen Álvarez, por unha compra feita en Ginzo Hombre Mujer
Ester Sánchez en Don Zapato
Rocío Nicolás en Mi casa
Iñaki Aznares en Alain Afflelou óptico
Manuel Fernández en pastelería Xoyma
Raul Freijanes en Xoguetería Bahía
Teresa Rivera, en Tien 21 Electrodomésticos Celso
Chicha Ferreiro por unha compra realizada en Unique 2
Maruja Eijo en Carnicería Mercedes
Mari Fernández en...
Mercar no comercio de Viveiro dende este xoves, 7 de setembro e ata o 14 de setembro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade.
A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do Centro Comercial Histórico de Viveiro, poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.
Así, todos os clientes de Viveiro que realicen compras por importe mínimo de 10 euros no comercio de proximidade entre o 7 e o 14 de setembro, poden participar no sorteo en directo destes 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o xoves, 14 de setembro, ás 19.00 horas...
leer másAdri Pardo foi a gañadora da sétima e última edición do Certame de Pintura Mural Amarte, que se celebrou en Burela desde o pasado xoves coincidindo coa Feira do Bonito. A artista recibiu un premio de 1.200 euros. O segundo premio foi para a creación de David Catá, que foi premiado con 800 euros. E o terceiro premio, dotado con 600 euros, recibiuno Hipólito Xeada.
Os outros seis artistas participantes non premiados recibiron 300 euros cada un e unha bolsa de produtos doada por O Almacén do Peixe. E todos foron agasallados cun trofeo do ceramista comarcal Alfonso Otero Regal.
O xurado valorou moi positivamente a calidade dos traballos presentados tanto no concepto como na súa materializacións, quedando especialmente satisfeitos da admirable canteira de artistas mariñáns.
A concelleira de...
leer másO público do XVI Ribadeo de Tapeo decidiu que a mellor tapa foi a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada.
Con anterioridade xa se coñeceran as tapas elixidas polo xurado oficial do veterano concurso gastronómico. O primeiro premio foi para o Bar Queimada, o segundo para Ramonita e o terceiro para El Oviedo. A Tapa de Ribadeo recaeu no Marinero que obtivo, a súa vez, unha mención especial pola súa elaboración excepcional. E outra mención especial foi para o Kalpa Amodiño por ser pensada a súa tapa para toda a clientela e elaborada con creatividade e produtos de cerca.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, felicita aos gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo: “queremos felicitar a todos os gañadores, aos elixidos polo xurado profesional e aos elixidos polo público...
leer másO salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o sábado 3 de xuño o acto de entrega de premios do Certame das Letras Galegas da Biblioteca de Alfoz.
Ás 20:30 o grupo Trémola porá en escena a obra Unha nova galaxia. Trátase dunha recreación da vida de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Ao remate procederase á entrega dos Premios de Debuxo e Narrativa das tres categorías da fase local do Certame organizado pola Biblioteca. Os gañadores/as competirán a nivel provincial no concurso da Biblioteca Pública de Lugo.
A actividade está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Xa se coñecen os gañadores do Ribadeo de Tapeo de 2023, que se desenvolveu do 13 ao 21 de maio en trinta locais hostaleiros da vila.
O xurado profesional, composto por César Couceiro, Elisabet Castro e Iago Álvarez, resolveu que os gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo sexan os seguintes:
-1º premio: Bar Queimada coa tapa Eijo
-2º premio: Ramonita coa tapa Ravioli de cocido gallego
-3º premio: El Oviedo coa tapa Xiba, lentella, caviar e manteiga café
-A Tapa Ribadeo foi para o Molete mariño do restaurante Marinero e recibiu unha mención especial por ser pensada para todo o público, por empregar na súa elaboración produto de proximidade e pola súa creatividade a Oda á terra do Kalpa Amodiño.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, agradece “a participación de todos os...
leer más