Gala

07/04/2026

Este sábado, día 11 de abril, a Casa da Cultura de Burela acollerá a I Gala Solidaria a favor da Síndrome de Tourette.

O Concello de Burela anuncia: “baixo o lema Xuntos visualizamos o Tourette, gozaremos dunha noite de música, sorteos e sorpresas para todas as idades organizada pola Asociación Tourette Galicia en colaboración co Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA. Non se realizará venda física de entradas, que só poden adquirirse online a través da seguinte ligazón:...

leer más
Etiquetas:
12/03/2026

A Casa da Cultura de Burela acollerá o día 11 de abril, sábado, a I Gala Solidaria Síndrome de Tourette Galicia, unha iniciativa impulsada pola asociación Tourette Galicia co obxectivo de dar visibilidade a esta condición neurolóxica e apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias, anuncia o Concello de Burela, que engade: “baixo o lema Xuntos visualizamos o Tourette, o evento ofrecerá unha programación cultural e solidaria aberta a toda a cidadanía, na que se combinarán actuacións musicais, sorteos e outras propostas pensadas para todos os públicos.”

A gala conta coa colaboración do Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA, así como coa participación de diversos grupos e colectivos que actuarán de forma altruísta. Entre os participantes confirmados atópanse ACM Arume, o alumnado do CEIP Os Castros, Grupo de Cordas, Sen Límites,...

leer más
Etiquetas:
06/03/2026

A X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que terá lugar o 18 de marzo, contará coa presenza da atleta galega Julia Vaquero.

O evento, que dará comezo ás 20:30 horas no pavillón de deportes, foi presentado polo alcalde, Dani Vega, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.

Silvent explicou que “a cita servirá para homenaxear a todas/os deportistas ribadenses polos logros conseguidos durante o pasado ano 2025. Serán 370 deportistas de 16 disciplinas diferentes”. O concelleiro de Deportes subliñou que “estará con nós unha figura destacada do atletismo como é a galega Julia Vaquero. Estivo especializada en probas de longa distancia e campo a través e conta cun importante palmarés deportivo en probas nacionais e internacionais”.

...

leer más
Etiquetas:
18/12/2025

Cervo celebra a súa Gala de Nadal este domingo, día 21 de decembro, desde as 19:30 horas no salón de actos do Concello.

“Un dos eventos máis agardados destas datas chega esta fin de semana. Unha tarde noite moi especial para gozar da música, das tradicións e do talento local coa participación de: A Rebolaxe, Fol do Raxal, Cordenaira (Airiños do Xunco), Milicrocas (Airiños do Xunco), Mistura Infantil, Coro de Cervo e Coral Terramar. Vive connosco a maxia do Nadal nunha gala chea de emocións, cultura e espírito festivo”, anuncia o Concello de Cervo.

Etiquetas:
03/12/2025

O venres 12 de decembro celébrase a VII Gala do Emprendemento Local no concello de Xove organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

O Concello de Xove anuncia que “co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local, no salón de actos municipal ás 20:30 horas dará comezo a gala na que se exporán dous proxectos emprendedores. As súas persoas emprendedoras explicarán como xurdiu a súa idea empresarial, cales foron as principais motivacións, cales cren que son as súas calidades como persoas emprendedoras, cales son os puntos fortes da súa empresa, como foi o proceso de creación empresarial: avaliación da idea, busca de financiación, busca de clientela, tramitacións, axudas,atrancos cos que se atoparon, se volverían facelo e que plans de futuro teñen. Os proxectos emprendedores son: Casa...

leer más
Etiquetas:
13/11/2025

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros 2025, promovido polo Concello de Barreiros, que sufraga os gastos do cronometraxe e seguros das probas, rematou esta fin de semana coa carreira popular Ao Son do Masma, celebrada en Celeiro de Mariñaos e organizada polo Colectivo Cultural Ollomao. Logo de disputarse as seis probas que integran o calendario; a carreira solidaria de Reis (xaneiro), a carreira das Praias, (abril), o 1/2 km Vertical (xullo), a carreira Benquerencia Terra-Mar (agosto), o trail Monte Comado (outubro) e a carreira Ao Son do Masma (novembro), resultaron vencedores absolutos/as Miriam Folgueira Rico e David Manuel Martínez Rodil. Completan o pódium feminino Romina Reimondo Gasalla (2ª) e Lourdes López Villar (3ª), mentres que na categoría masculina acompañan ao campión, Óscar Murado (2º) e Manuel Pérez (3º). A gala final de premiación...

leer más
Etiquetas:
10/10/2025

Acisa Ribadeo celebrará o 19 de outubro a súa XI Gala Anual na que conmemorará o seu 36 aniversario e na que se entregarán varios galardóns: ao relevo xeracional, ao negocio emblemático, ao compromiso na vida empresarial, a toda unha carreira e ao ribadense do ano. As tarxetas para asistir a este evento poden adquirirse ata o vindeiro xoves, día 16. 

Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, explicou que “consideramos importante esta cita, consolidada xa, como unha velada de encontro entre o empresariado ribadense. Coa súa celebración pretendemos reafirmar o noso compromiso coas nosas asociadas e asociados, os lazos empresariais, así como o intercambio de opinións, experiencias...  por elo animamos a todo empresariado asociado e tamén ao non asociado a que poidan asistir o vindeiro 19 de outubro á nosa XI Gala Anual na que conmemoraremos os 36...

leer más
Etiquetas:
02/10/2025

Acisa Ribadeo celebrará a súa XI Gala Anual o vindeiro 19 de outubro. A cita servirá para conmemorar o seu 36 aniversario e para entregar varios galardóns: ao relevo xeracional, ao negocio emblemático, ao compromiso coa vida empresarial, a toda unha carreira e ao ribadense do ano.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “na asemblea extraordinaria, que tivemos onte anunciamos a celebración da Gala Anual de Acisa Ribadeo. Consideramos importante esta cita, consolidada xa, como un punto de encontro entre o empresariado ribadense. Polo tanto, podemos xa anunciar oficialmente a celebración da XI Gala de Acisa Ribadeo – 36º Aniversario, que será o 19 de outubro. Deste xeito pretendemos reafirmar o noso compromiso coas nosas asociadas e asociados, os lazos empresariais, así como o intercambio de opinións, experiencias... por elo...

leer más
09/06/2025

O club de fútbol Sporting Pontenova celebrará a súa gala fin de tempada cunha cea baile que terá lugar no pavillón municipal Tito Margaride este venres, día 13 de xuño, ás 22:30 horas. Antes, a partir das 21:00 horas, haberá sesión vermú.

A música correrá a cargo da cantante María García Caamaño e do DJ JJ Compota. Tamén haberá inchables gratuítos.

Os tickets para participar na cea baile poden recollerse no restaurante O Lar de Balbina, da Pontenova, ata o mércores 11 de xuño.

Etiquetas:
11/03/2025

Este venres,14 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar en Ribadeo a Gala do Deporte na que serán premiados 506 deportistas. Está organizada polo Concello e contará con dous invitados moi especiais: Iván Raña e Óscar Pereiro.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “neste evento imos premiar a 506 rapazas e rapaces de 16 modalidades deportivas, que son campións da Mariña, ou que acadaron podios provinciais ou galegos, ou que se atopan nos top 20 en campionatos de España. Queremos recoñecerlles o gran traballo e esforzo que hai detrás de cada unha desas medallas”.

E subliñou que “será unha cita moi especial a que imos ter no pavillón da Avenida de Luarca, xa que imos contar coa presenza de dous grandes deportistas, como son Iván Raña e Óscar Pereiro, aos que lles agradecemos a súa dispoñibilidade...

leer más