Burela acolle este sábado, 11 de abril, a I Gala Solidaria a favor da Síndrome de Tourette

Este sábado, día 11 de abril, a Casa da Cultura de Burela acollerá a I Gala Solidaria a favor da Síndrome de Tourette.

O Concello de Burela anuncia: “baixo o lema Xuntos visualizamos o Tourette, gozaremos dunha noite de música, sorteos e sorpresas para todas as idades organizada pola Asociación Tourette Galicia en colaboración co Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA. Non se realizará venda física de entradas, que só poden adquirirse online a través da seguinte ligazón: https://shorturl.at/rIPcU. Ademais está dispoñible Fila 0 solidaria para colaborar aínda que non poidas asistir”.

Nesta gala participarán diversos grupos e colectivos que actuarán de forma altruísta: ACM Arume, o alumnado do CEIP Os Castros, Grupo de Cordas, Sen Límites, Fervenza 0,0 e Golpe de Efecto, que ofrecerán unha proposta artística variada.