Gala
O auditorio municipal de Burela acollerá unha gala musical solidaria contra o cancro o día 27 de xaneiro, sábado, ás sete da tarde. Está organizada pola asociación Esperanza e o grupo musical Acordeonistas da Mariña, que actuará no evento xunto a Acordeóns Terras do Miño, Begoña López, Lino Rico e Diavolinos.
A recadación será doada para a investigación do cancro. O prezo da entrada é de 5 euros e inclúe un número para o sorteo dunha cesta de peixe valorada en 250 euros. Pódense adquirir anticipadamente na tenda Cinza, de Burela, e os mércores no local da asociación Esperanza ou na taquilla do auditorio o día da gala.
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá unha gala de maxia o 28 de decembro, xoves, ás 20.30 horas. Actuarán os magos Rafa, Dani Polo, Nano Arranz e Josua Kenneth.
Mago Rafa é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns: divertir e sorprender.
Dani Polo é o mago máis premiado de Galicia internacionalmente. Destaca pola maxia das grandes ilusións: caixas de aparición, desaparicións e levitacións de persoas.
Nano Arranz é un mago de Valladolid que combina o humor e a maxia. Apto para todos os públicos. Humor orixinal, sutil, e irónico, baseado na palabra e en efectos de son e xogos vistosos e asombrosos para todas as idades.
Josua Kenneth é un mago que creou un precioso número que non para de recibir premios alá...
leer másEste venres, 22 de decembro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico vaise celebrar a V Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove, organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
A condución desta Gala correrá a cargo dalgunhas das actrices de teatro máis relevantes de Galicia, concretamente das Fillas Bravas do Grupo de Teatro Chévere, que con total seguridade van facer as delicias de todos os presentes.
O obxectivo da Gala é pór en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local. Neste sentido, a Gala vaise centrar na intervención da gandeira Lucía González e Simón Huerta de Balea Verde.
Explicarán como lles xurdiu a idea empresarial; cales foron as principais motivacións; cales cren que son as súas calidades como persoas emprendedoras;...
leer másA compañía lucense Ítaca Teatro presentará o vindeiro sábado, 16 de decembro, a súa peza Anacos no Multiusos Ponte de Cuñas de Lourenzá, dentro da Gala de entrega de premios e Clausura do V Certame de Teatro de Lourenzá.
Anacos é un espectáculo de narración oral no que Carlos Rebolo, o contador de historias, preséntanos varios contos de autobiografía ficcionada nos que as lembranzas irán aparecendo sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde invádenos e convídanos a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruilos con...
leer másO Movemento Artístico da Mariña, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha gala solidaria a beneficio dos colectivos Médicos sin fronteras e UNRWA España (comité español da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina). Será o 18 de novembro, sábado, na Sala Bahía, de Foz ás 20:30 horas.
O evento denomínase Compromiso 2023 pola paz, pola dignidade, pola xustiza. Haberá escultura, música, pintura, poesía e cerámica.
O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a sétima edición da súa gala solidaria. Será o 16 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz.
O Centiño ofrecerá a obra “Trepa, Tripa e Tropa” e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela.
A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas. Para este evento O Centiño conta coa colaboración da asociación A Subela e do Concello de Foz.
O grupo humorístico Trípode organiza unha gala benéfica na Casa da Cultura do Valadouro este domingo, 5 de febreiro, ás 18:00 horas.
O grupo de teatro O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, interpretará a obra De poucas luces e no descanso actuará o músico Álex Barreira, de Mondoñedo.
A recadación será destinada integramente a beneficio de Cáritas Interparroquial Alfoz-Valadouro.
Neste evento colabora o Concello de O Valadouro.
O 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, celebrarase na Finca Galea de Alfoz unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento, non se puido realizar nos últimos dous anos debido á pandemia coo Covid 19, é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.
Desde a organización indican que, como sempre, existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir da próxima...
leer másEste mércores, 4 de xaneiro, terá lugar a tradicional Gala de Nadal do Concello de Cervo, será na carpa instalada na Praza dos Campos, ás 20:00 horas.
Contará coas actuacións das agrupacións locais: Fol do Raxal, Coral do CIT, Coral Terramar, Cantareiras Cordenaia (Airiños do Xunco), Grupo Mistura e A Rebolaxe.
A Asociación Cultural O Centiño, de San Martiño, organiza a sexta edición da súa gala solidaria, que se celebrará este sábado, 17 de decembro, ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero, de Foz.
O grupo teatral de O Centiño representará a súa obra titulada De poucas luces e no intermedio actuarán as pandereteiras de A Subela.
A entrada é gratuíta e no descanso recolleranse doazóns para Cáritas.
Para este evento a Asociación Cultural O Centiño conta coa colaboración da Fundación Martínez Otero e da Asociación Cultural A Subela.












