A gala benéfica “Alfoz solidario” celebrarase o 13 de abril

O sábado 13 de abril ás 14:00 horas na Finca Galea, de Alfoz, celebrarase unha nova edición da gala benéfica “Alfoz Solidario”, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). O evento é promovido, un ano máis, por un grupo de persoas de Alfoz interesadas en colaborar coa xunta provincial da AECC en Lugo, a quen lle serán entregados os beneficios obtidos.

Ademais de poder participar na propia gala, que “desta volta se celebrará a mediodía con comida e baile”, segundo indican desde a organización, tamén se pode colaborar mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir. Por outro lado, as empresas e locais comerciais que o desexen tamén poderán colaborar aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala.

Desde o grupo organizador agradecen a todos os colaboradores a súa implicación nesta causa solidaria.