Cea-Baile
O Casino de Mondoñedo acollerá a celebración dunha cea baile o 15 de febreiro ás 22:30 horas. Está organizada por O Palique.
O menú especial do chef Xoel Martínez consistirá en: tosta de xamón ibérico con marmelada de tomate e cebola crocante; tosta de pementos, cogomelos e bacon; brocheta de peixe sapo, champiñón e langostino con salsa americana e guarnición de verduras; crocante de salmón con verduras de tempada; carrilleras de porco ibérico á laranxa con canela, polen e caviar de mel; e mousse de chocolate oscuro, esponxoso de chocolate branco, xeado de fresa e crocante de améndoa. Estes pratos estarán regados por Rioja Montaña Crianza e Monterey Triay Godello.
O prezo é de 40 euros por persoa e as interesadas deberán facer reserva, ata o 12 de febreiro, no número de teléfono 644 575 105.
... leer másA noite de Reis o vindeiro domingo, 5 de xaneiro, o Casino de Mondoñedo acollerá a celebración dunha cea-baile, que está organizada polo Círculo de Recreo de Mondoñedo.
O menú estará composto de: sopa de cocido, salpicón de rape e lagostinos, carrilleras ao viño tinto e roscón de reis. Haberá viño ribeiro e rioja, café e chupito.
A festa dará comezo ás 22:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. O prezo para os socios é de 22 euros e para os non socios de 26 euros. A cea estará servida por Chao da Brea.
A venda de tarxetas estase a realizar en O Rincón de Mondoñedo.