O Casino de Mondoñedo acollerá o 5 de xaneiro a cea baile "Noite de Reis", que estará amenizada polo dúo Epo-K.

A noite de Reis o vindeiro domingo, 5 de xaneiro, o Casino de Mondoñedo acollerá a celebración dunha cea-baile, que está organizada polo Círculo de Recreo de Mondoñedo. 

O menú estará composto de: sopa de cocido, salpicón de rape e lagostinos, carrilleras ao viño tinto e roscón de reis. Haberá viño ribeiro e rioja, café e chupito. 

A festa dará comezo ás 22:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. O prezo para os socios é de 22 euros e para os non socios de 26 euros. A cea estará servida por Chao da Brea. 

A venda de tarxetas estase a realizar en O Rincón de Mondoñedo.