escultura
A exposición "A fuego y color" dos artistas mindonienses Irma Loureiro e Raimundo Rubal coas series "Arte no Camiño" e "Eolo enfurecido", respectivamente, foi inaugurada no Auditorio Municipal de Mondoñedo. O acto contou coa participación da alcaldesa, Elena Candia, o concelleiro de Xuventude, Alberto García, e os propios autores das obras de pintura e escultura.
A mostra poderá ser visitada os sábados e domingos de cinco da tarde a nove do serán.
A sala de exposicións do complexo RegalXunqueira en Viveiro acolle, dende este xoves, 2 de agosto, a mostra titulada Forza, Espazo, Tempo, de Pepa Nieto. A inauguración terá lugar ás 20:00 horas, e a exposición permanecerá no RegalXunqueira ata o 31 de agosto.
A propia artista manifesta que “moldear la arcilla es dar vida a la materia. Mis esculturas se basan generalmente en formas de expresividad que se hacen patentes en el reconocimiento de mi obra. Formas que están relacionadas con las técnicas tradicionales, aunque en su mayoría prevalece intencionadamente ese corte moderno y de actualidad, por el que siento verdadera pasión”.
Pepa Nieto naceu en Outes (Coruña) e reside en Madrid. Entre outras distincións, obras súas foron seleccionadas no Concurso Anual de Artes Plásticas 2000 na modalidade de Cerámica do...
leer másMañá, 12 de xuño, ás 18:00 horas no CENIMA de Foz, terá lugar a inauguración da exposición dos centros escolares da Mariña que participaron no I Premio Juan Puchades Quilis, patrocinado polo Concello de Mondoñedo.
Esta exposición é a terceira das actividades programadas pola asociación Tá en Artes en homenaxe ao escultor mindoniense. Máis de 720 alumnos/as e 31 profesores/as levan traballando todo o curso partindo da idea da Escultura como referencia, e o patrimonio como resultado, a partires da figura de Juan Puchades Quilis.
Esta mostra presenta máis de 72 esculturas dos once centros escolares da Mariña. Permanecerá no CENIMA de Foz ata o 17 de xuño, e poderá visitarse en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:00 h.
Na clausura da exposición entregaranse os premios do 1º Certame...
leer másTá en Artes organiza un ano máis, coincidindo coa celebración da Semana das Artes na Mariña, un obradoiro de escultura en Foz que terá lugar o sábado, 5 de maio.
A actividade está dirixido a nenos e rapaces de todas as idades, e seguindo coa homenaxe a Puchades, a temática este ano vai ser a escultura.
Este obradoiro terá lugar na Avenida da Mariña, na parada de taxis, a partir das 12:00 horas. Os organizadores pretenden que os traballos que resulten queden expostos na rúa para darlle vida e ser un atractivo máis.
A Asociación de Comerciantes de Foz e Centro Comercial Aberto colabora coa actividade que supón tamén unha dinamización da rúa no ámbito comercial.
Para participar neste taller hai que anotarse no correo ...
leer másAta o 22 de setembro pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición A fuego y martillo, de César Castaño. Trátase dunha mostra de esculturas realizadas en ferro. O horario é de luns a domingo de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 20 horas polas tardes.
A Oficina de Turismo está situada na rúa Dionisio Gamallo Fierros, 7.